Xosé Castro (fotógrafo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Castro
Nacemento1942
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xosé Castro, nado na Coruña en 1942, é un fotógrafo e fotoxornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a traballar na empresa local Foto Blanco e a partir da década dos sesenta publica e colabora con distintos medios, e principalmente La Voz de Galicia. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo fotográfico que axudou na paralización das verteduras radioactivas. En 1986 entrou a traballar no xornal coruñés, ao que segue vencellado laboralmente.

Realizou diversas exposicións colectivas e individuais, e recibiu premios en Galicia e Corea do Sur.