Moeda dun franco Sementadora (1960-2001)
1 franco Sementadora (1960-2001) [1][2] | |
---|---|
A/: A "sementadora". Marca de gravador no exergo: O. Roty.
Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE |
R/: Valor facial e póla de oliveira debaixo. Data no exergo.
Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ |
|
O franco Sementadora (en francés: franc Semeuse) é unha moeda con valor facial dun franco francés (franco novo) cuñada entre 1960 e 2001, cando foi substituída polo euro como unidade monetaria da República Francesa.[1][2]
Caracterización
[editar | editar a fonte]Esta moeda retoma o mesmo deseño propio das moedas dun franco (franco vello) de finais do século XIX e principios do século XX, caracterizado pola figura da "Sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911), que chegou a se converter nun símbolo de Francia e que foi utilizado en varias moedas francesas, tanto do franco como do euro.[1][2]
A versión circulante do franco Sementadora foi cuñada en níquel pola Monnaie de Paris. Coñécense tamén algúns rarísimos exemplares de proba cuñados en ouro con data de 1959 que teñen a palabra ESSAI gravada en letras pequenas no campo do anverso, á esquerda da figura da sementadora.[3][4]
Ademais da emisión ordinaria para a circulación, entre 1960 e 1985 cuñáronse versións máis grosas e pesadas desta moeda, coñecidas na tradición numismática francesa como piédfort. O grosor destas pezas é de 3,6 milímetros e o seu peso é de 12 gramos, o dobre que a versión circulante. As súas tiraxes anuais están limitadas a entre os 40 e os 500 exemplares.[5]
Tiraxes
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "1 franc Semeuse O.Roty, tranche striée, nickel". fr.numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "1 Franc (O. Roty)". Colnect.com
- ↑ "1 franc Semeuse Essai en or". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (O. Roty - Essai Gold)". Colnect.com
- ↑ "1 franc Semeuse Piéfort nickel". fr.numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094