Inez Haynes Irwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInez Haynes Irwin

(1923) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1873 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Scituate, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora de literatura infantil , escritora de ciencia ficción , escritora , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioInez Haynes Gillmore Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsEdith Haynes Thompson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios


Inez Haynes Irwin, nada en Río de Xaneiro o 2 de marzo de 1873 e finada en Scituate (Massachusetts) o 25 de setembro de 1970, foi unha autora feminista estadounidense, xornalista, membro do Partido Nacional das Mulleres e presidenta do Gremio de Autores. Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore. Escribiu máis de 40 libros e foi unha activista do movemento sufraxista a principios dos anos 1900. Irwin era unha "muller destemida e rebelde", pero referíase a si mesma como "a máis tímida dos seres creados".[1] [2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inez Haynes naceu o 2 de marzo de 1873, en Río de Xaneiro, Brasil, froito da unión de Gideon Haynes e Emma Jane Hopkins Haynes. Os seus pais eran de Boston, nos Estados Unidos, pero estiveron no Brasil debido aos problemas empresariais do seu pai. A súa nai foi a segunda esposa do seu pai, vinte e catro anos máis nova ca el, e tivo que criar a unha familia con 17 fillos (10 dos cales eran seus).[3] A familia regresou a Boston onde Inez Haynes se criou. Asistiu a catro escolas públicas e despois a Radcliffe College entre 1897 e 1900. Naquel tempo Radcliffe era un "centro de sentimento sufraxista", e Inez Haynes con Maud Wood Park fundaron o College Equal Suffrage League o cal se convertería máis tarde no National College Equal Suffrage League.

Inez Haynes asumiu o apelido do seu marido ao casar en agosto de 1897 co editor Rufus H. Gillmore, quen a apoiou na súa actividade no feminismo. Os Gillmore visitaron a Europa da preguerra onde coñeceron a revolucionarios rusos e pintores impresionistas franceses. O matrimonio rematou en divorcio.[4]

Publicou a súa primeira novela, June Jeopardy, en 1908 e pouco despois converteuse en editora de ficción para The Masses, unha revista mensual de esquerdas. Amiga íntima da escritora feminista americana Mary MacLane, esta incluíu o seu retrato a cor nos seus artigos xornalísticos en Butte, Montana, en 1910.

En xaneiro de 1916 casou co escritor William Henry Irwin, e o seu nome cambiou a Inez Haynes Irwin, a pesar de que continuou publicando baixo o seu nome anterior, Inez Haynes Gillmore. Os Irwin pasaron o verán de principios do século XX en Scituate, Massachusetts.[5] Durante a Primeira Guerra mundial viviron en Europa, onde ela traballou como correspondente de guerra en Inglaterra, Francia e Italia. Inez Haynes calculou que entre 500 000 e 750 000 mulleres foron asasinadas na guerra.[6]

Inez Haynes foi unha líder feminista e activista política que fundou e pertenceu a varias asociacións. Foi membro do Consello Consultivo do National Women's Party e escribiu a biografía do partido, The Story of the Women's Party, en 1921. Tamén escribiu A History of American Women, Angels and Amazons: One Hundred Years of American Women (1933). Foi unha colaboradora habitual do semanario do Women's Party.[7] Ao quedar viúva en 1948, regresou a Scituate, onde viviu ata a súa morte aos noventa e sete anos, o 25 de setembro de 1970. [3][4]

Carreira de escritora[editar | editar a fonte]

Ademais das obras de non ficción mencionadas anteriormente, publicou máis de 30 novelas, incluíndo Angel Island (1914), unha novela que trata sobre un grupo de homes que naufragan nunha illa ocupada por mulleres aladas. Ese mesmo ano, o New York Times describiuno como "un libro decididamente infrecuente" que é "parte alegoría, parte conto de fadas, parte realista"[N 1]. A crítica do xornal eloxiou a Haynes Gillmore polo seu tratamento dos sexos, subliñando que non menospreza a un a expensas do outro. Agregou que gran parte do texto está nun "alto nivel poético", e que é unha novela de "verdades sonoras, prosaicas" e "altos ideais e belas imaxinacións.[N 2]

Angel Island foi reimpreso na edición de febreiro de 1949 de Famous Fantastic Mysteries, e novamente en 1978 por Arno Press. Volveuse a publicar en 1988 como "clásico de literatura feminista temperá" cunha introdución da escritora de ciencia ficción e fantasía Ursula K. Le Guin. A súa ficción a miúdo abordaba asuntos feministas e a difícil situación das mulleres, incluíndo o divorcio, a maternidade solteira e os problemas no lugar de traballo.

A súa serie de 15 libros para Maida foi escrita durante 45 anos e narra a historia dunha nena en idade escolar cuxa nai morreu e cuxo pai é moi rico. As obras foron publicadas pola editorial Grosset & Dunlap entre 1909 e 1945.[4]

Tamén escribiu relatos para revistas e cun deles, "O voo da primavera", gañou o premio O. Henry Memorial en 1924.

Asociacións[editar | editar a fonte]

  • Author's Guild of America, vicepresidenta, 1930–1931; presidenta, 1931-1933
  • National Collegiate Equal Suffrage League, cofundadora.
  • Presidenta do Consello de Administración do World Center for Women Archives, 1936–1938 / 1940.
  • Membro do comité americano do Prix Femina, 1931-1933

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as obras publicadas pódense destacar:

  • June Jeopardy, Huebsch, 1908.
  • Phoebe and Ernest, Holt, 1910 – Ilustrada por R. F. Schabelitz.
  • Janey: being the record of a short interval in the journey through life and the struggle with society of a little girl of nine, Holt, 1911.
  • Phoebe, Ernest, and Cupid, Holt, 1912 – Ilustrada por R. F. Schabelitz.
  • Angel Island, Holt, 1914 – reimpresa en, Arno, 1978; nova edición, NAL Plume, 1988 cunha introdución de Ursula K. Le Guin.
  • The Ollivant Orphans, Holt 1915.
  • The Lady of Kingdoms, George H. Doran, 1917.
  • The Happy Years, Holt, 1919.
  • Out of the Air, Harcourt, 1921.
  • The Lost Diana (novella), Everybody's Magazine, xuño 1923.
  • Discarded, serializada en The American Magazine, maio–novembro 1925.
  • Gertrude Haviland's Divorce, Harper, 1925.
  • Gideon, Harper, 1927.
  • P.D.F.R.: A New Novel, Harper, 1928.
  • Family Circle, Bobbs-Merrill, 1931.
  • Youth Must Laugh, Bobbs-Merrill, 1932.
  • Strange Harvest, Bobbs-Merrill, 1934.
  • Murder Masquerade, H. Smith & R. Haas, 1935.
Angel Island foi reimpresa no número de febreiro de 1949 de Famous Fantastic Mysteries
  • Little Miss Redhead, Lothrop, 1936 – Ilustraciós propias.
  • The Poison Cross Mystery, H. Smith & R. Haas, 1936.
  • A Body Rolled Downstairs, Random House, 1938.
  • Many Murders, Random House, 1941.
  • The Women Swore Revenge, Random House, 1946.
  • Serie de novelas Maida, Grosset & Dunlap, 1909-1945

Contos[editar | editar a fonte]

[4]

  • "The Father of His Son", Everybody's Magazine, xullo 1904.
  • "A Doorstep Introduction", Pearson's Magazine, novembro 1904.
  • "Love Me, Love My Dog", Pearson's Magazine, novembro 1904.
  • "The Start", Everybody's Magazine, decembro 1904.
  • "The Matchbreakers", Hampton's Broadway Magazine, novembro 1908.
  • "The Eternal Challenge", Everybody's Magazine, xaneiro 1912.
  • "With Pitfall and With Gin", Pictorial Review, febreiro 1912.
  • "The Woman Across the Street", Ladies' Home Journal, setembro 1916.
  • "The Sixth Canvassar", The Century, xaneiro 1916.
  • "The Last Cartridge", McCall's, outubro 1922.
  • "The Spring Flight", McCall's, xuño 1924 – gañadora do premio O. Henry Memorial en 1924.
  • "The Irish Language", Everybody's Magazine, xullo 1925.

Non ficción[editar | editar a fonte]

[4]

  • The Californiacs, A. M. Robertson, 1916 – un libro de viaxes sobre California.
  • The Native Son, A. M. Robertson, 1919 – un libro sobre California.
  • The Story of the Women's Party, Harcourt, 1921; published as Up Hill With Banners Flying, Traversity Press, 1964 – unha biografía do National Woman’s Party e unha historia das sufraxistas.
  • Angels and Amazons: A Hundred Years of American Women, Doubleday, 1933 – unha colección de bosquexos biográficos.
  • Good Manners for Girls, Appleton-Century, 1937.
  • "You Bet I Am!" (article), Woman's Day, outubro 1938.
  • Adventures of Yesterday, General Microfilm, 1973 – unha autobiografía.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio O. Henry Memorial, 1924 - polo seu relato curto, The Spring Flight.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Texto na lingua orixinal: "Part allegory, part fairy tale, part realistic portrayal ofof several by no meansextraordinary types of men and woman, it is a decidely unusual book" Ver"Fiction for February" (PDF). The New York Times (en inglés). 1 de febreiro de 1914. p. 45. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de setembro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  2. Texto na lingua orixinal:"Much of the book is in a high poetic level (...)"Angel Island" is a book of sound, prosaic truths as well as high ideals and beautiful imaginings". Ver "Fiction for February" (PDF). The New York Times (en inglés). 1 de febreiro de 1914. p. 45. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de setembro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
Referencias
  1. Irwin, Inez Haynes (1989). "The Making of a Militant". En Showalter, Elaine. These modern women: autobiographical essays from the twenties. Feminist Press. pp. 34–40. ISBN 1-55861-007-3. 
  2. "Inez Haynes Irwin". World Heritage Encyclopedia (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "INEZ HAYNES IRWIN, AUTHOR, FENINIST, 97". The New York Times (en inglés). 1 de outubro de 1970. p. 44. (require subscrición (?)). 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Quilter, Laura. "Feminist SFF & Utopia: An Inez Haynes Gillmore Irwin". feministsf.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  5. Harold Howard, compiler, Towns of Scituate and Marshfield Massachusetts Directory 1918: Containing an Alphabetical List of the Inhabitants, a Summer Resident Directory … (Boston: Harold Howard, 1918), 79. Ver consulta en Ancestry.com
  6. Irwin, Inez Haynes (14 de maio de 1918). "WOMEN KILLED IN THE WAR.; Estimated at 500,000 to 750,000". The New York Times (en inglés). p. 7. (require subscrición (?)). 
  7. "Equal Rights Newspapers". National Woman's Party (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]