Conversa:Valentín Paz-Andrade
Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 03-02-2012, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia cumprindo os requisitos pertinentes ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Este artigo é de interese do wikiproxecto "Protagonista do Día das Letras Galegas". |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Soldado da morte
[editar a fonte]Elimino o carácter de inédito a Soldado da morte e, por conseguinte, o marcador de "cómpre referencia". A única fonte que atopei que o daba como inédito era a es:wiki. Noutras fontes aparece como publicado en 1921, pero cómpre indicar que este título non se menciona nas biografías de Paz Andrade na EGU ou na GEG, nin no catálogo da USC, polo que ata pode ser posible que si estea inédita. Pedro --Lameiro (conversa) 19:50, 4 de xuño de 2011 (UTC)
- Na EGU si aparece: "Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica, como se pode observar en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en que canta a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985), en que incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán." --. HombreDHojalata.conversa 21:09, 4 de xuño de 2011 (UTC)
E segundo di é unha obra poética, non narrativa. O noso artigo sería incorrecto--. HombreDHojalata.conversa 21:14, 4 de xuño de 2011 (UTC)- Atopo varias fontes que din que é poesía e varias fontes que din que é unha novela! Deixo o artigo como estaba--. HombreDHojalata.conversa 21:32, 4 de xuño de 2011 (UTC)
Guión
[editar a fonte]- Valentín Paz-Andrade ou Valentín Paz Andrade, sen o guión ? De que vén ise guión ? Pregunto antes de comezar o artigo na wikiFR--Elvira (conversa comigo) 09:23, 23 de outubro de 2011 (UTC)
- Boa pregunta.Para min que é sen guión (Paz, 1º apelido; Andrade, 2º apelido) porque de ser un só apelido unido mpor mguión tería que haber un segundo, e non aparece en ningunha fonte. A GEG e a EGU escríbeno sen guión. A nota da RAG anunbciando o seu nomeamento, tampouco trae guión. No catálogo da USC aparece case sempre sen guión, pero algunha vez o trae. No caso do fillo está claro a aglutinacióin: Afonso Paz-Andrade Rodríguez, pero xa non tanto no caso de Inmaculada Paz-Andrade, que aparece na GEG con guión (Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez) e na EGU sen el (Inmaculada Paz Andrade). Pedro --Lameiro (conversa) 11:09, 23 de outubro de 2011 (UTC)
- Nesta edición do 1968, que supostamente tería a súa supervisión/aprobación, tamén aparece con. Elvire, eu escribiría o artigo con guión. Sen esquecer crear, tamén, unha páxina de redirección cara a el, sen guión. --. HombreDHojalata.conversa 15:28, 23 de outubro de 2011 (UTC)
Ano de nacemento: 1898, 1899, 1900 ...?!
[editar a fonte](Negras engadidas:)
Paz Andrade, Valentín (Lérez, Pontevedra 23-4-1898 - Vigo 19-5-1987). Enciclopedia Galega Universal Ir Indo.
Avogado, escritor e político que naceu o 23 de abril de 1899 en Pontevedra, ... Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005.
(en castelán) Escritor y político español, nacido en Vigo (Pontevedra) en 1900 y fallecido en la misma ciudad el 19 de mayo de 1987. ... Enciclopedia Universal DVD Micronet 1995-2006.
Incrible, non si? E o que me resulta máis estraño é que a lápida non o aclare. --. HombreDHojalata.conversa 15:28, 23 de outubro de 2011 (UTC)
- E segundo a referencia do artigo no Catálogo da Biblioteca da USC tamén naceu no 1899, entón se hai dúas referencias que din que foi no 1899, ¿non deberíamos por esa data e non a da EGU?. Ademáis de indicalo claramente na referencia..., iso tentei facelo xa no artigo, queda pendente saber cal dos dous anos poñemos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:27, 26 de outubro de 2011 (UTC)
- Mais a inmensa maioría das referencias máis fiables din
1998(corrección posterior: trabuqueime en 100 anos, quixen dicir 1898). --. HombreDHojalata.conversa 12:53, 26 de outubro de 2011 (UTC)
- Mais a inmensa maioría das referencias máis fiables din
- Por número e pero específico das referencias, 1898. Convén, iso si, engarir en nota as discrepancias. Pedro --Lameiro (conversa) 17:32, 26 de outubro de 2011 (UTC)
Mandeille un correo á Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. --. HombreDHojalata.conversa 09:39, 5 de decembro de 2011 (UTC)
bxsec@usc.es
5 de diciembre de 2011 10:28 Erro no ano de nacemento dun autor?
Porén, outras fontes din que foi en 1898 e mesmo noutras datas... poderían comprobalo?:
|
2011/12/9 Nieves <mnieves.rodriguez@usc.es>
Bo día, efectivamente, tal e como vostede constata, non hai unanimidade nas distintas fontes de referencia con respecto á data de nacemento de Valentín Paz-Andrade. As nosas fontes de referencia iniciais, eran a obra de Couceiro-Freijomil, e a Gran Enciclopedia Galega, pero despois dunha revisión de bibliografía máis recente, optamos finalmente por dar como válida a data de 1898. Na nosa páxina web, baixo o epígrafe "Autores galegos na BUSC" pode vostede encontrar o rexistro de autoridade correspondente a este autor no que deixamos constancia dalgunhas das fontes de información consultadas e a información bio-bibliográfica atopada nelas. Recollemos polo tanto tamén a diverxencia nas datas. Como poderá comprobar, actualmente todas as referencias do catálogo están xa modificadas e dan a data de nacemento que consideramos máis fiable. Atentamente Nieves Rodríguez Díez Biblioteca Xeral-Catalogación Universidade de Santiago de Compostela R/ Franco s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno. 981 563100 (Ext. 11084) e-mail: mnieves.rodriguez@usc.es |
A páxina da que fala Nieves é: [1] --. HombreDHojalata.conversa 09:57, 9 de decembro de 2011 (UTC)
Acho que é en 1898 pola propia declaración de Paz Andrade ás autoridades de inmigración de Brasil. Hai 3 documentos semellantes que din o mesmo. Quixera que botárades unha ollada a este documento. Qué vos parece? Saúdos--Castelao (conversa) 19 de decembro de 2019 ás 11:09 (UTC)
Ligazóns internas dentro dos títulos dos libros
[editar a fonte]Esta ben feito meter ligazóns internas dentro dos títulos dos libros?
Imaxinade que estamos a falar do libro "As aventuras de Cristovo Colón" do autor Ficticio Inventado. Esta ben meterlle unha ligazón interna e deixar o título así: "As aventuras de Cristovo Colón"? Pregunto. --. HombreDHojalata.conversa 19:37, 8 de decembro de 2011 (UTC)
- En liñas xerais non son partidario, pero entendo que hai excepcións. Non é o mesmo unha novela de ficción que unha biografía. Por exemplo, no artigo de Antón Riveiro Coello hai ligazóns en dous ensaios seus sobre Blanco Amor e Carlos Casares; pero ten unha novela chamada As rulas de Bakunin, e non sería procedente facer unha ligazón cara a Mikhail Bakunin, penso. De todos xeitos, é un debate moi interesante. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:50, 8 de decembro de 2011 (UTC)
- Supoño que cada caso é un mundo e que nunca chegaremos a acordos na decisión de qué ou cando ligar. Para min que as ligazóns pretenden abrir unha porta ó lector para que amplíe información sobre o que está lendo, e creo que, en xeral, deberiamos ligar menos. Que moitas veces nos pasamos siete pueblos engadindo ligazóns internas que non achegan nada ó artigo en cuestión. Por exemplo: ligar no artigo Valentín Paz Andrade a Lugo porque e o lugar de edición de "A evolución...", a Madrid en "La marginación..." ou á Deputación de Pontevedra en "Cruz Gallástegui...", parécenme innecesario totalmente. Como ligar a metro cando dicimos que a balea mide 30 m. Supoño que ligar é fácil e que a todos nos gusta ver o artigo cheo de palabras azuis. Pedro --Lameiro (conversa) 18:22, 9 de decembro de 2011 (UTC)
Petición de foto
[editar a fonte]Se alguén pasa algún día por Vigo ó mellor podía facerlle unha foto á súa casa en Samil, a "Pousa Nova do Mar", se é que se pode ver algo interesante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:22, 9 de decembro de 2011 (UTC)
- Gustaríame, mais non sei cal é. --. HombreDHojalata.conversa 08:15, 9 de decembro de 2011 (UTC)
- Agora vin que esa foto está na lista de peticións. Pois eu tampouco atopei ónde está, a ver si alguén sabe por ónde cae... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:46, 11 de decembro de 2011 (UTC)
CIFP Valentín Paz Andrade
[editar a fonte]O CIFP Valentín Paz Andrade está no lugar do Meixoeiro, que pertence á parroquia de Lavadores, non á de Cabral (Sestay, Iván; Toponimia do Val do Fragoso. 2. Lavadores. Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo). Vou proceder ao cambio. --Paradanta (Cóntame) 19:26, 9 de decembro de 2011 (UTC)
- Quieto aí parao! Cabral segundo a toponimia oficial da Xunta. --. HombreDHojalata.conversa 21:41, 9 de decembro de 2011 (UTC)
- Unha vez máis, a toponimia oficial da Xunta erra de cheo. O Meixoeiro é de Lavadores de toda a vida, así o acreditan os máis vellos do lugar, que son os auténticos depositarios e valedores de toda a valiosísima microtoponimia galega, por moito que se empeñen os "listillos" da Xunta; e así acredítase tamén na obra de referencia que citei máis arriba, feita por un filólogo galego que leva anos estudando pormenorizadamente os nomes de lugar do que hoxe coñecemos como a cidade de Vigo (Coia, Lavadores, Teis...). E, modestia aparte, así o acredito eu tamén, que levo vivindo en Lavadores dende os 4 anos de idade, é dicir, moitos anos. Comprendo que debe haber un marco de referencia concreto, e mentres que este sexa o nomenclátor da Xunta nada lle poderei facer. Pero entendo tamén que cando este marco de referencia nos leva a erros tan clamorosos, cómprelle unha revisión. Hai que chegar a algún tipo de consenso, claro e ordenado, para que cando a toponimia oficial da Xunta vaia en contra das evidencias poidamos prescindir dela. --Paradanta (Cóntame) 18:07, 10 de decembro de 2011 (UTC)
- Velaquí outras dúas probas: no DOG e na páxina da Universidade de Vigo, ver penúltimo enderezo de Vigo --Paradanta (Cóntame) 18:21, 10 de decembro de 2011 (UTC).
- Douche a razón. Segundo o CDIX, o instituto está dentro da parroquia de Lavadores. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2014 ás 11:47 (UTC)
Árbore xenealóxica
[editar a fonte]Penso que a árbore xenealóxica non queda ben, pois dificulta a lectura e non ofrece moita información interesante máis alá da expresada no texto superior. Creo que quedaría mellor no artigo da cronobiografía. Que vos parece? --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:38, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo A árbore (ou a foto de cativo, non sei) rompen o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:52, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo Absolutamente. A árbore non aporta practicamente nada e rompe o artigo. --Xas (conversa) 23:07, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 23:09, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Borrada--. HombreDHojalata.conversa 11:52, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)- Recupereina, cambiándoa de sitio e ocultándoa, para que non distraia nin interrompa a lectura. --. HombreDHojalata.conversa 14:26, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
Outros artigos: ¿Reintegracionismo?
[editar a fonte]Retiro Reintegracionismo da sección Outros artigos porque non achega información adicional sobre Valentín Paz Andrade (claro que a Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos tampouco achega gran cousa, nin a Lista de autores de lingua galega). O feito de que escribise Galiza lavra a sua imagem dá a impresión de que nesa altura podía ser ou estar cerca do reintegracionismo, cousa que non sei (só coñezo o título). Só lin del o libro sobre Castelao e algunha cousa solta (cartas, poemas) e nada do que lin vai nesa liña, aínda que non podo asegurar que fixese máis cousas. Na biografía que lin del non menciona tampouco nada nese sentido, nin nos artigos da GEG ou da EGA, polo que, salvo o título (e suponse que o contido), non temos nada que apoie esa relación co reintegracionismo.
Pero é que non é só iso. Postos a poñer Outros artigos relacionados máis directamente co autor e coa súa obra poderían ser prensa, Real Academia Galega, Pesca, FAO, Vigo e así ata un cento de posibilidades, máis relevantes có seu suposto reintegracionismo.
Outras chatas que di Piquito teñen bastante sentido e haberá que pensar nelas. E canto á falta de información sobre a súa infancia ou sobre o atentado de Verín... éche o que hai, ou o que coñecemos. Con seguridade que ben pronto se publicarán máis e máis completas biografías deste home que acheguen novos datos, pero hoxe por hoxe... éche o que hai.
Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Por favor, adicádelle uns minutos a ler o Galicitas de q:Valentín Paz-Andrade. --. HombreDHojalata.conversa 10:26, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
- A min o amaño feito por Estevo gústame. En todo caso, temos parte de razón todos. --Atobar (conversa comigo) 12:59, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Claro. Unha vez que está integrado e ligado no texto do artigo xa sobra en "outros artigos". --. HombreDHojalata.conversa 13:56, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
- A min o amaño feito por Estevo gústame. En todo caso, temos parte de razón todos. --Atobar (conversa comigo) 12:59, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Pois é unha mágoa que non haxa nada a día de hoxe sobre os seus primeiros anos ou sobre o de Veríns, podería ser de interese (en todo caso se podería engadir cando houbera, mágoa que aquí saquen as cousas e se lembren dos escritores cando se lles adica o Día das Letras -e non digo nada porque eu son tamén deses, mais eu non edito libros sobre os homenaxeados-) O amaño tamén me parece bo, e as coreccións que se fixeron sobre os puntos 3 e 4 que indicaba na votación parécenme axeitadas (especialmente a do punto 4). Un saúdo e a seguir, Piquitoconversa 18:40, 10 de xaneiro de 2012
Lista de sobrenomes galegos
[editar a fonte]Tampouco lle vexo o sentido a que estea dentro de outros artigos. --Atobar (conversa comigo) 13:00, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
- O apartado "Vexase tamén, outros artigos", fora do corpo principal e cara ó final, é unha ventá para os usuarios ávidos que leron todo o artigo e desexan seguir navegando pola Wikipedia. Os temas propostos nin sequera teñen que estar directísimante relacionados co tema (eses xa foron ligados coas ligazóns internas e tamén mediante a clasificación que dan as categorías e mediante as caixas de navegación), abonda con que a relación sexa tanxencial. Neste caso, lembremos, Paz-Andrade empregou varios pseudónimos ao longo da vida. Penso que non está fora de lugar e pode ser de moito interese para o lector saltar a ese outro tema, que por outra banda é un artigo interesante e cunha información que non é doada de atopar fora da Galipedia. En todo caso, é solo iso, una proposta que se lle fai ao lector. --. HombreDHojalata.conversa 14:12, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
www.valentinpazandrade.es
[editar a fonte]Aínda non a mirei a fondo, pero quizais nesta web haxa información interesante: www.valentinpazandrade.es. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:19, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Este martes, 10 de abril, ás 20h terá lugar no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Vigo) unha mesa redonda... [2] --. HombreDHojalata.conversa 19:49, 8 de abril de 2012 (UTC)
Aclaracións para a locución
[editar a fonte]Alguén podería verificarme se está ben escrito: Antreproyeito de Estatuto da Galiza ? Estou coa locución do artigo e non estou seguro de que estea ben.
Tamén necesitaria coñecer a pronuncia de Pedro Joseph de Bermés. ¿E algo así coma Joséf? ¿Lloséf? ¿Josép?...
E finalmente a pronuncia de Guimarães Rosa. ¿É Guimaráes?... --LaVozDeTuRelato (conversa) 12:36, 17 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato
- Antreproyeito de Estatuto da Galiza está ben escrito, e debes de pronuncialo tal cal. Cando así se puxo, ao non haber unha directriz de escrita común, había múltiples propostas, e esta é tan válida coma calquera outra; ssí, por exemplo, tamén estaría ben Asemblea nazonalista de Lugo ou cousas similares. Canto a Pedro Joseph de Bermés, o lóxico parece unha pronuncia á francesa /joséf de bermé (ou bermés, coa influencia provenzal que aínda hoxe se mantén. Ex.: Cassis, a vila, para a cal os provenzais marcan o S)/. Despois en Guimarães, faino como /guimaraish/. En todo caso, a pronuncia chega con que sexa aproximada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:24, 19 de abril de 2012 (UTC)
- Pois ... non, parece que non estaba ben, non é "Antreproyeito...", é "Anteproyeito...". --. HombreDHojalata.conversa 08:27, 20 de maio de 2012 (UTC)
Insertei os sons do artigo --LaVozDeTuRelato (conversa) 11:40, 21 de abril de 2012 (UTC)
Debate sobre Valentín Paz Andrade en Vigo
[editar a fonte]"O venres 4 de maio ás 20 horas, no auditorio Areal de Vigo, terá lugar un debate arredor da figura de Valentín Paz Andrade. Intervirán: Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia; Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario; Alfonso Paz Andrade, avogado e fillo de Valentín Paz Andrade; e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, como moderador." [3] --. HombreDHojalata.conversa 10:19, 30 de abril de 2012 (UTC)
Concurso no Facebook: Atopando a Paz-Andrade
[editar a fonte][4] --. HombreDHojalata.conversa 08:06, 15 de maio de 2012 (UTC)
Exposicións en Vigo, Pontevedra...
[editar a fonte]- Unha mostra recoge en Vigo a figura de Paz-Andrade. Novacaixagalicia inaugura hoxe (15-05-2012) ás 19.30 horas na sala de exposicións do seu Centro Cultural de Vigo unha exposición.
- [5] O Museo de Pontevedra acolle una exposición sobre Paz Andradre entre o 16 de maio e o 29 de xuño, e agasallará con libros o día 17. Será accesible na páxina http://museo.depo.es/ --. HombreDHojalata.conversa 08:06, 15 de maio de 2012 (UTC)
Distribución de libros co gallo do DLG 2012
[editar a fonte]O vindeiro xoves 15 de maio:
- La Voz de Galicia: Tucho Calvo e Xosé Luís Axeitos, Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país, +1€ (2 estudos e 17 artigos).
- Faro de Vigo: Paz Andrade y Faro de Vigo, +2'95€.
- Atlántico Diario: Vida e obra de Valentín Paz-Andrade, gratis.
--. HombreDHojalata.conversa 08:06, 15 de maio de 2012 (UTC). Completo info. --. HombreDHojalata.conversa 09:40, 16 de maio de 2012 (UTC)
- Grazas pola información, por certo, na Real Academia Galega puxeron unha ligazón ó artigo!, aínda que se queixan de que a nosa cronobiografía é curta... ;). Baseándonos na cronobiografía que aparece na web oficial podemos ampliala todo o que queramos, o problema é que hai que andar con coidado porque se metemos moito contido é posible que non se visualice correctamente ou que haxa que poñer un tipo de letra moi pequeno... ¿Que datas serán as máis interesantes para engadir?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:32, 16 de maio de 2012 (UTC)
Estatísticas do artigo
[editar a fonte]Segundo stats.grok.se o artigo tivo máis de 30.000 visitas nos últimos 90 días, sendo as máis numerosas as do luns (2511) e martes (2611) da semana na que se celebrou o Día das Letras Galegas. --. HombreDHojalata.conversa 09:48, 5 de xuño de 2012 (UTC)
Traducir citas?
[editar a fonte]Disinto da colocación do marcador {{Atención|as citas deben ir en galego (cómpre traducilas)}}
neste artigo de calidade.
Moitas publicacións científicas en galego reproducen citas na súa forma orixinal en castelán. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2014 ás 11:34 (UTC)
- E moitos libros e artigos sobre a historia antiga e sobre todo medieval de Galicia dan as citas en latín, creo que traducir ou non debería ser unha decisión conxunta para todas as linguas neolatinas, que son as máis próximas ao galego.--Sernostri (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 11:41 (UTC)
- Daquela (non me quedou claro), ti pensas que as citas deste artigo deben traducirse ou non?--. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2014 ás 11:51 (UTC)
- Eu creo que a decisión non é algo que se deba limitar a este artigo, ha de ser xeral, traducimos as citas de linguas que na súa forma escrita sexan comprensibles para un falante de galego, e se non é así habería que delimitar cales son esas linguas (castelán, portugués, asturiano, aragonés, catalán, occitano, éo o italiano ou o francés?, etc.)--Sernostri (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 13:20 (UTC)
- Si, a decisión de traducir as citas ou non debe ser algo xeral, non só aplicable a este artigo; e non, creo que unha cita debe ser respectuosa coa fonte e debe ser transcrita na lingua en que foi escrita, textualmente e entre comiñas, mesmo cos erros ou formas non normativas que puidese conter (penso agora en autores antes da normativa, e lembro un profesor de galego que puña como exercicio normativizar textos de Castelao). Pero no caso de que esa lingua orixinal non fose comprensible para o común dos usuarios da Galipedia, debería engadirse a tradución ó galego a continuación, en nota a rodapé ou doutro xeito, porque se o editor decidiu engadir esa cita é porque o seu contido é relevante para comprender mellor o artigo. O problema é decidir que linguas coñece o usuario común porque me temo que fóra do castelán non vos somos moi competentes (en xeral, digo). Eu non entendería unha cita en catalán, latín, francés, inglés, e xa non digo en liguas máis afastadas. Pedro --Lameiro (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 17:25 (UTC)
- Eu creo que a decisión non é algo que se deba limitar a este artigo, ha de ser xeral, traducimos as citas de linguas que na súa forma escrita sexan comprensibles para un falante de galego, e se non é así habería que delimitar cales son esas linguas (castelán, portugués, asturiano, aragonés, catalán, occitano, éo o italiano ou o francés?, etc.)--Sernostri (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 13:20 (UTC)
- Daquela (non me quedou claro), ti pensas que as citas deste artigo deben traducirse ou non?--. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2014 ás 11:51 (UTC)
Eu traduciría todas as citas, estean en castelán, ruso, chinés ou a lingua que sexa, deste xeito se evitan problemas, e se acaso engadir a cita orixinal en "notas". Creo que deste xeito nos aforramos moitos problemas. Piquito (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 17:32 (UTC)
- Para min o mellor é que se traduza todo e que se poña a cita orixinal nas notas para que os usuarios que o desexen poidan consultada, e se non facemos diferencias entre os idiomas será unha fonte de problemas menos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de marzo de 2014 ás 01:24 (UTC)
Este tema xa se tratou e se acadou un consenso, ver aquí. Piquito (conversa) 10 de marzo de 2014 ás 08:29 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Valentín Paz-Andrade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20140325001501/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/07/14/1155044.shtml á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/07/14/1155044.shtml
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://photos3.marinetraffic.com/ais/showphoto.aspx?photoid=97403&size=full - Correxiuse o formato ou uso da ligazón http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=98623&pantalla=efemeride
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 09:34 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valentín Paz-Andrade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.redelibros.com/social/book/1013506 - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120628004153/http://editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011110018 á ligazón http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011110018
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.realacademiagalega.org/catalog/ViewBookDetails.do;jsessionid=C726918A96BD83E182E54643D78DDFDB?bookId=611111&initialPage=LIST&author=CORNIDE,%20Jos%E9&authorSearch=cornide&startIndex=1&count=10&startIndexPrev=1&countPrev=10
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 03:25 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valentín Paz-Andrade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160304210316/http://fotos.riasbaixas.org/?1,611,2,233 á ligazón http://fotos.riasbaixas.org/?1,611,2,233
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de setembro de 2018 ás 09:45 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valentín Paz-Andrade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130622101852/http://www.visit-pontevedra.com/files/mapa_turistico_gal.pdf á ligazón http://www.visit-pontevedra.com/files/mapa_turistico_gal.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2019 ás 19:03 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (abril 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valentín Paz-Andrade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120127141152/http://www.cntgaliza.org/files/Vigo_1936.pdf á ligazón http://www.cntgaliza.org/files/Vigo_1936.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de abril de 2019 ás 11:58 (UTC)
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)
[editar a fonte]Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
- http://archive.is/i1LK4 co erro
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 05:08 (UTC)