Conversa usuario:LaVozDeTuRelato

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, LaVozDeTuRelato!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Boas, vin o teu aviso no artigo Galicia pero non atopo os ficheiros de audio, ¿subíchelos aquí ou a commons?. Se me dis onde están tento de poñelos no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:12, 10 de abril de 2012 (UTC)

Xa atopei os ficheiros e engadinos ó artigo. Estupendo traballo, saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:24, 10 de abril de 2012 (UTC)
Por certo, na descrición do audio puxen unha versión do historial máis ou menos a ollo, cando teñas un momento revisa que sexa a correcta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:18, 11 de abril de 2012 (UTC)
Moitas gracias Elisardojm aínda estou un pouco pez no que é o funcionamento da Galipedia-Wikipedia en sí. Reviso a descripción segundo me comentas. Unha aperta --LaVozDeTuRelato (conversa) 23:52, 13 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato

Proposta[editar a fonte]

Ola, LVDTR, benvido á Galipedia.

Tódolos anos, un dos artigo máis visitado é o da personalidade a quen se lle adica o Día das Letras Galegas, que se celebra o mes que ven. Este ano é Valentín Paz-Andrade, que foi considerado artigo de calidade pola comunidade. Sería estupendo que puideras achegar o son da lectura. Anímaste?--. HombreDHojalata.conversa 22:55, 10 de abril de 2012 (UTC)

Outros artigos interesantes para poñer voz son tamén o resto de artigos de calidade xa que son os artigos máis elaborados do proxecto, a pega é que adoitan a ter unha extensión considerable. Coméntocho como idea para ter un bó sitio por onde comezar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:24, 10 de abril de 2012 (UTC)
Boas LaVozDeTuRelato, estiven pensando na proposta que che fixo HombreDHojalata e creo que ten moita razón, se tes pensado seguir narrando máis artigos sería un bó punto facelo co artigo de Valentín Paz-Andrade por diante dos que che comentei o outro día. O artigo é de calidade e no mes de maio vai ser un dos máis consultados do proxecto, cantos máis extras conteña mellor que mellor. Por certo ten en conta o que comentaron na conversa do artigo Galicia sobre o audio, que a forma escrita "ao" ten que pronunciarse coma "o". Se precisas algunha axuda podes pasar pola miña páxina de conversa e tentarei facer o que poda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:01, 13 de abril de 2012 (UTC)
Moitas gracias a todos polas recomendacións e a HombreDHojalata por arranxarme os links. Levo máis de dez anos fora de Galicia e tiña un pouco de medo en meter a pata (no audio hay algúns cortes que son debidos a correccións feitas unha e outra vez). De todos modos tomo nota da túa proposta --Elisardojm. En canto teña un pouquiño de tempo métolle mano ó artigo Valentín Paz-Andrade --LaVozDeTuRelato (conversa) 23:52, 13 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato

Mira, un detalle, para responder as mensaxes que che deixan tes que responder na páxina de conversa do usuario que che escribeu :). É unha cousa un pouco rara pero cando te afás xa o fas sen pensar, e non o facemos por liar á xente :), é porque os programas da wikipedia funcionan así para poder deixar os avisos de "Tes unha nova mensaxe" cando entran os usuarios. No meu caso a miña páxina de conversa está nesta ligazón, coma en tódolos artigos é a segunda pestana :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:09, 14 de abril de 2012 (UTC)

Xa o pillaches!, se isto é máis sinxelo que o mecanismo dun chupete ;). Para o que queras xa sabes onde estou, saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:28, 14 de abril de 2012 (UTC)

Arquivos en Commons[editar a fonte]

Tes que ter coidado, cando premes sobre un ficheiro, son ou imaxe, a páxina que sae é da Galipedia, esté gardado aquí ou non. Se o ficheiro está grabado aquí podes editalo directamente, pero se está grabado en Commons tes que premer na ligazón páxina de descrición que aparece na frase: "Este ficheiro procede da Wikimedia Commons. A continuación móstrase a información da súa páxina de descrición. ". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 14 de abril de 2012 (UTC)

Wikiproxecto[editar a fonte]

Xa está feito en Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada, saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:29, 14 de abril de 2012 (UTC)

Audios da túa páxina[editar a fonte]

Vin que na túa páxina tes varios dos ficheiros que fixeches e que uns están en galego e o resto en castelán. Isto pode facer que alguén non se decate e que poña nos artigos da Galipedia os que están en castelán, ¿poderías separalos en dúas táboas para que non haxa dúbidas?. Xa sei que co nome do ficheiro xa se sabe pero como non se mostra na páxina e como pode haber xente que non coñeza esa forma de nomear os ficheiros poden trabucarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:22, 19 de abril de 2012 (UTC)

Ola, LaVozDeTuRelato. En galego é ler, igual que é crer, cun só é para cada caso. Pero se aí, no orixinal, pon leemos, daquela telo que ler con dous es. As citas orixinais cómpre respectalos tanto na escrita como na pronuncia. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:18, 21 de abril de 2012 (UTC)

Non te preocupes que a Galipedia non rompe! :) De verdade, non se pode perder nada porque está todo gardado no historial de cada páxina e se algo queda mal sempre se pode voltar a calquera versión anterior, mira toda a historia da túa páxina de usuario :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:45, 21 de abril de 2012 (UTC)