Saltar ao contido

Alberto Albistegi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alberto Albístegui»)
Modelo:BiografíaAlberto Albistegi
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Eibar, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1982–1985   Real Sociedad B 114(4)
1984–1986   Real Sociedad 2(0)
1986–1988 Sestao Sport Club 83(7)
1988–1990   RCD Mallorca 25(1)
1990–1993   Deportivo da Coruña 114(9)
1993–1997   Real Sociedad 124(6)
1997–1999   Deportivo Alavés 42(0)
Familia
PaiAlberto Albístegui Arizmendiarrieta Editar o valor en Wikidata
ParentesAlexander Albistegi, sobriño Editar o valor en Wikidata

Alberto Albístegi Zamakola, nado en Éibar o 24 de setembro de 1964, é un exfutbolista e político vasco, actual portavoz do PSE-EE nas Xuntas Xerais de Guipúscoa.

Xogador polivalente, ocupou diferentes posicións no campo, como líbero, defensa central, lateral dereito e mediocentro defensivo, disputando máis de 500 partidos ao longo da súa carreira. Destacou especialmente na Real Sociedad, o Sestao e o Deportivo da Coruña, e conseguiu tres ascensos á Primeira División, nas filas do propio Deportivo, o Mallorca e o Alavés.

Trala súa retirada do fútbol entrou en política e tras ser concelleiro de Éibar entre 2015 e 2019, obtivo un escano nas Xuntas Xerais de Guipúscoa polo PSE-EE. En 2024 foi nomeado voceiro do seu grupo nas Xuntas Xerais

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Naceu en Éibar o 24 de setembro de 1964, sendo fillo do exfutbolista vasco Alberto Albístegui Arizmendiarrieta, xogador do Eibar, a Real Sociedad e Osasuna na década de 1950, e de Soledad Zamakola Zabala.[1][2] Comezou a xogar ao fútbol no propio Eibar e con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División.

Real Sociedad (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

A continuación pasou á Real Sociedad e xogou durante catro anos co filial na Segunda División B, disputando 114 partidos oficiais, a maioría deles como defensa central. O 9 de setembro de 1984, con 19 anos, debutou co primeiro equipo da Real na Primeira División, aproveitando a folga de futbolistas que afectou ao fútbol profesional do país.[3] Foi nun partido contra o CD Málaga en Atotxa no que foi aliñado como titular por Alberto Ormaetxea, pero tivo que ser substituído por lesión no primeiro tempo. Xogou un segundo encontro coa Real Sociedad na seguinte tempada, nunha goleada por 6-0 sobre o Hércules.

En 1986 foi contratado polo Sestao SC, da Segunda División, onde coincidiu con xogadores como Yosu, Aspiazu, Sabin Bilbao, José Luis Ribera ou Mendilíbar. Titular indiscutible ás ordes de Irureta, xogou habitualmente no centro do campo e disputou 83 partidos en dúas campañas, anotando sete goles.

En 1988 foi traspasado ao Mallorca, tamén de Segunda. No seu primeiro ano en Mallorca conseguiu o ascenso á Primeira División con Lorenzo Serra Ferrer como adestrador. Na seguinte campaña apenas contou con minutos, sumando só oito partidos, tres deles como titular.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En xuño de 1990 foi contratado polo Deportivo da Coruña, na categoría de prata. No club galego reencontrouse cos seus excompañeiros Yosu, Mujika, Sabin Bibao, Aspiazu e Pedro Uralde.[4] Na súa primeira campaña na Coruña disputou 42 encontros, todos agás un como titular, e realizou grandes actuacións na posición de líbero, revelándose como un dos mellores fichaxes do club, xunto a Yosu e Đukić.[5] Marcou ademais catro goles, contribuíndo ao histórico ascenso do Deportivo á Primeira División despois de dúas décadas fóra da elite.

Permaneceu no club galego outras dúas tempadas, sendo un habitual nos onces iniciais de Arsenio. Na súa segunda tempada disputou a promoción de permanencia ante o Betis, e marcou de penalti un dos goles do seu equipo, que conseguiu manter a categoría. A súa polivalencia permitiulle ocupar diferentes posicións no campo. Nas súas primeiras tempadas na Coruña acostumaba a xogar como líbero ou centrocampista defensivo, pero coa chegada de Mauro Silva en 1992, pasou a xogar habitualmente como defensa central, ocupando en ocasións tamén o lateral dereito.[6][7]

Na súa última campaña formou unha sólida liña defensiva xunto a José Luis Ribera, Đukić, López Rekarte e Nando, que foi vital para que o Paco Liaño gañase o Trofeo Zamora ao gardameta menos goleado da liga. O equipo obtivo o terceiro posto en liga, clasificándose así para a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia. Disputou o seu derradeiro encontro co club o 19 de xuño de 1993, ante o Rayo Vallecano, despedíndose entre bágoas da afección de Riazor.[8] O seu balance total no Deportivo foi de 114 partidos oficiais e nove goles.

Real Sociedad (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

En 1993 volveu á Real Sociedad, onde militou durante as seguintes catro campañas, todas en Primeira e nun novo estadio: Anoeta. Titular habitual na tempada 1993/94, con Toshack como adestrador, unha grave lesión fíxolle perder a metade da seguinte, pero trala súa recuperación regresou ás aliñacións iniciais. Dende 1995 tivo de novo como adestrador a Javier Irureta, pero a súa sorte cambou en 1997 coa chegada ao banco do alemán Bernd Krauss, que preferiu a Gómez e non contou con el, polo que tivo que buscar unha saída. Disputou un total de 124 encontros na súa segunda etapa na Real, na que sumou 6 goles.

En novembro de 1997 fichou polo Deportivo Alavés, da Segunda Divisón.[9] Esa mesma tempada, ás ordes de Mané, conseguiu o ascenso a Primeira División, o terceiro da súa carreira, contribuíndo cun total de 23 partidos entre liga e Copa, competición esta última na que eliminou ao Deportivo da Coruña en cuartos de final. Xogou unha segunda campaña no conxunto vitoriano, antes da súa retirada en 1999, aos 35 anos de idade.[10]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia, trala súa retirada traballou como coordinador de vendas en diferentes empresas.[10] En 2015 presentouse ás eleccións municipais en Éibar polo PSE-EE e obtivo unha acta de concelleiro,[10] ao ser o partido máis votado, por diante de EH Bildu, PNV e Irabazi.[11] En 2019 obtivo un escano nas Xuntas Xerais de Guipúscoa e en 2024 foi nomeado voceiro do PSE-EE en dito parlamento.[12]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Susana Burdell e foi pai de dúas fillas: Eneida e Ibone.[13] É tío do tamén exfutbolista Alex Albistegi.[14]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Alavés

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa do Rei Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
San Sebastián 1982/83 Segunda B 16 0 - - - - 16 0
1983/84 Segunda B 35 1 - - - - 35 1
1984/85 Segunda B 36 2 - - - - 36 2
1985/86 Segunda B 27 1 - - - - 27 1
Total club 114 4 0 0 0 0 114 4
Real Sociedad 1984/85 Primeira 1 0 - - 0 0 1 0
1985/86 Primeira 1 0 - - 0 0 1 0
Sestao 1986/87 Segunda 40 3 2 1 - - 42 3
1987/88 Segunda 37 3 4 0 - - 41 3
Total club 77 6 6 1 0 0 83 7
Mallorca 1988/89 Segunda 17 1 0 0 - - 17 1
1989/90 Primeira 8 0 0 0 - - 8 0
Total club 25 1 0 0 0 0 25 1
Deportivo da Coruña 1990/91 Segunda 34 3 8 1 - - 42 4
1991/92 Primeira 24 2 9 1 2 1 35 4
1992/93 Primeira 33 1 4 0 - - 37 1
Total club 91 6 21 2 2 1 114 9
Real Sociedad 1993/94 Primeira 30 1 5 0 - - 35 1
1994/95 Primeira 19 1 3 0 - - 22 1
1995/96 Primeira 29 3 1 0 - - 30 3
1996/97 Primeira 35 1 1 0 - - 36 1
1997/98 Primeira 0 0 1 0 - - 1 0
Total club 115 6 11 0 0 0 126 6
Alavés 1997/98 Segunda 19 0 4 0 - - 23 0
1998/99 Primeira 19 0 0 0 - - 19 0
Total club 38 0 4 0 0 0 42 0
Total carreira 460 23 42 3 2 1 504 27
  1. Inclúe partidos de promoción de permanencia en Primeira División.
  1. Zautúa, Israel (8 de novembro de 2024). "Albistegui: "17 años de profesional y la gente me recuerda por lo de Bilardo y Maradona”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2025. 
  2. "Obituario de Alberto Albistegui Arizmendiarrieta". Diario Vasco (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2025. 
  3. Cortés, Sergio (7 de abril de 2020). "Aquella victoria en Primera con 'amateurs' en Atocha" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2025. 
  4. "Política de fichajes". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 1990. p. 57. 
  5. "Yosu y Juanito Acuña". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 31. 
  6. "Personajes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2012. Consultado o 16 de xullo de 2025. 
  7. "Albístegui, el chico para todo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de maio de 1993. p. 49. 
  8. "Y en La Coruña se desató la euforia". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de xuño de 1993. p. 37. 
  9. "En novembro de 1998, despois de perder a titularidade a favor de Gómez, fichou polo Deportivo Alavés.". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de novembro de 1997. p. 58. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Antelo, Iván (6 de xuño de 2021). "¿Qué fue de los héroes del ascenso del Deportivo en 1991?". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2025. 
  11. "Resultados eleccións municipais 2015 Éibar". El País (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2025. 
  12. "El PSE de Gipuzkoa nombra a Alberto Albistegui portavoz en las Juntas Generales". Cadena SER (en castelán). 24 de xuño de 2024. Consultado o 16 de xullo de 2025. 
  13. Irazusta, Tito (12 de decembro de 2015). "«Siempre tuve inquietudes políticas socialistas»" (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2025. 
  14. "Una histórica goleada al Calahorra de 12-2 en Ipurua" (en castelán). 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]