Anžejs Pasečņiks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anžejs Pasečņiks
Real Betis Baloncesto  – No. 14
Información persoal
Nacemento 20 de decembro de 1995 (28 anos)
Riga
Nacionalidade Letonia Letonia
Altura 2,18 m (7 ft 2 in)
Peso oficial 104 kg (229 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Orlando Magic
Carreira dende 2012
Historial de equipos
VEF Rīga (2012–2015)
Gran Canaria (2015–2019)
Capital City Go-Go (2019)
Washington Wizards (2019–2021)
Real Betis (2021–presente)

Anžejs Pasečņiks, nado o 20 de decembro de 1995 en Riga, é un xogador letón de baloncesto profesional que xoga no Real Betis Baloncesto da Liga ACB.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En agosto de 2015, Pasečņiks asinou un contrato co CB Gran Canaria da Liga ACB. Na súa primeira tempada xogou no filial do equipo canario na Liga EBA.[1]

O 22 de xuño de 2017, Pasečņiks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Orlando Magic.[2] Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de dúas futuras eleccións do Draft.[3]

O 16 de outubro de 2019, Pasečņiks asinou cos Washington Wizards.[4] Tres días máis tarde, foi cortado polos Wizards.[5] O 17 de decembro de 2019, Pasečņiks asinou de novo cos Wizards.[6] O 12 de xaneiro de 2020, Pasečņiks asinou un contrato multianual cos Wizards.[7] O 17 de xaneiro de 2021, os Wizards cortaron a Pasečņiks.[8]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anzejs Pasecniks jugará en liga EBA con el Gran Canaria". www.acb.com. 13 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. "NBA draft 2017 pick-by-pick recap: Markelle Fultz, Lonzo Ball are first two selections". Los Angeles Times. 22 de xuño de 2017. Consultado o 16 de agosto de 2017. 
  3. "Sixers trade for Latvian center Anzejs Pasecniks after he was drafted by Magic". Philly.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 16 de agosto de 2017. 
  4. "Wizards sign Jones and Pasecniks". nba.com. 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  5. "Wizards waive Anzejs Pasecniks, Jalen Jones.". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  6. "OFFICIAL: We've signed C Anzejs Pasceniks to a two-way contract and waived G Chris Chiozza". Washington Wizards on Twitter.com. 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  7. "Wizards sign Anzejs Pasecniks to multi-year deal". NBA.com. 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  8. DePrisco, Mike (17 de xaneiro de 2021). "Report: Wizards release center Anzejs Pasecniks". sports.yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]