Gran Canaria Arena
Aparencia
| Gran Canaria Arena | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O Gran Canaria Arena é un pavillón multiúsos situado nas Palmas de Gran Canaria. Foi inaugurado o 15 de marzo de 2014 e ten capacidade para 11 500 espectadores.[1] É a casa do CB Gran Canaria dende o ano 2014. O primeiro partido da historia do Gran Canaria Arena disputouse o 1 de maio de 2014, nun encontro correspondente á 28ª xornada da Liga ACB 2013-14, e que enfrontou ó CB Gran Canaria e ó FC Barcelona. En 2014 albergou os partidos do grupo D do Campionato do Mundo da FIBA de 2014.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gran Canaria Arena". typsa.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2021.