Jaycee Carroll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaycee Carroll
Real Madrid  – No. 20
Información persoal
Nacemento 16 de abril de 1983 (41 anos)
Laramie, Wyoming
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos / Acerbaixán
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Posición Escolta
Liga ACB
Información da carreira
Universidade Utah State (2004–2008)
Carreira dende 2008
Historial de equipos

Italia Teramo Basket (2008–2009)
España Gran Canaria (2009–2011)
España Real Madrid (2011-presente)

Jaycee Don Carroll, nado en Laramie, Wyoming, o 16 de abril de 1983, é un xogador de baloncesto estadounidense, que ocupa a posición de escolta. Dende o ano 2011 xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de xogar na Universidade Estatal de Utah, non foi elixido no draft da NBA, de xeito que viaxou a Europa e asinou un contrato co Teramo Basket italiano, equipo no que botou un ano. Ó ano seguinte asinou co CB Gran Canaria da liga ACB. Durante os dous anos que defendeu as cores do equipo canario, foi o máximo anotador da liga, polo cal foi incluído no quinteto ideal da ACB en 2011, na posición de escolta.

No verán dese mesmo ano asinou un novo contrato co Real Madrid, o seu actual equipo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]