Filolao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Filolao
Pythagoras and Philolaus.png
Nacementoc. 470 a. C.
 Crotone, Taranto e Metaponto
Falecementoc. 390 a. C.
 Tebas, Grecia
Ocupaciónfilósofo, astrónomo, matemático, político e teórico musical
editar datos en Wikidata ]

Filolao (en grego: Φιλόλαος, Filólaos), nado ca anos -470 e finado ca. anos -380, foi un matemático e filósofo grego pitagórico e presocrático[1]. Considerou que toda a materia está composta por cousas limitantes e ilimitadas, e que o universo está determinado por números. Atribúeselle a orixe da hipótese de que a Terra non era o centro do Universo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era natural da Magna Grecia, antiga rexión ao sur de Italia con numerosas colonias gregas. Non se sabe con seguridade de que colonia era orixinario: Crotona, Tarento ou Metaponto[2][3].

Filolao pertenceu á Escola pitagórica, establecida en Crotona, sendo discípulo de Pitágoras e probabelmente de Aresas. En Tebas foi mestre de Simnias e Cebes, que despois se converterían en discípulos de Sócrates[4].

Dióxenes Laercio sinala, citando un epigrama da súa época, que tería morto pola rebelión dos crotoniatas, que sospeitarían que Filolao preparaba a instalación dunha tiranía na cidade.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Participou e desenvolveu a cosmoloxía pitagórica entendendo un universo regular, predicíbel e aritmético no cal xiran planetas e astros. Entre eles aparece a Terra, que xira nunha órbita circular, polo que aparece dotado de movemento, a diferenza dos universos dos xonios. Ademais, explicou o movemento diúrno da Terra en base ao xiro ao redor dun punto central fixo no espazo, idea que influíu, por exemplo, nun contemporáneo seu: o rapsodo Leurípides de Calamata.

Terra e Antiterra nel pitagorismo.jpg

Para Filolao o cosmos está formado por un lume central, chamado Hestia, e nove corpos que xiran ao seu ao redor: a Antiterra (Antichton), a Terra, a Lúa, o Sol (esfera de cristal que reflicte o lume central), os cinco planetas observábeis e a esfera das estrelas fixas (ou sexa, a bóveda celeste que engloba os astros anteriores).

Obra[editar | editar a fonte]

Dióxenes Laercio reproduce, sen dala por auténtica ou falsa, a versión contemporánea de que Filolao sería autor dun libro, que Platón compraría aos seus descendentes por unha importante cantidade de prata (40 minas alexandrinas) ou recibido dun discípulo pitagórico ao que axudaría cando era perseguido pola xustiza, para logo usar o texto como inspiración, fonte ou molde de copia para a súa propia obra Timeo.

Noutra pasaxe Dióxenes fala non dun senón que de tres libros. Respecto diso, o erudito Charles Peter Manson, sinala que o primeiro libro trataría sobre o Universo, o segundo sobre a natureza dos números, fonte da esencia das cousas de acordo ás ideas pitagóricas. O mesmo Dióxenes cita a Demetrio de Magnesia, que na súa obra Περὶ ὁμωνύμων ποιητῶν καὶ συγγραφέων sinalaría que Filolao foi o primeiro pitagórico en publicar o corpo de dogmas do grupo, baixo a sentenza: "A natureza no mundo está coligadamente composta de finitos e infinitos, igualmente que o universo e canto nel se contén".

Eponimia[editar | editar a fonte]

  • O cráter lunar Philolaus leva este nome na súa memoria[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «A data máis probábel para o nacemento de Filolao estaría entón arredor do ano -470, aínda que podía ter nacido antes ata -480 ou máis tarde ata 440. Parece haber vivido ata os anos-380 e polo menos ata o -390» (Carl A. Huffman: Philolaus of Croton: pythagorean and presocratic, páxinas 5 e 6. Cambridge University Press, 1993.
  2. Iámblico, Vida pitagórica 267
  3. Dióxenes Laercio, Vidas, opiniones y sentencias de los filósofos más ilustres VIII, 85.
  4. http://filosofia.org/zgo/hf2/hf21037.htm |url-capítulo= sen título (Axuda). Historia de la Filosofía - 37. Discípulos de Pitágoras (2ª ed.). 
  5. «Philolaus». Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.Modelo:Gpn

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]