Xémino de Rodas
Xémino de Rodas | |
---|---|
Nacemento | post. século II a. C.xuliano |
Lugar de nacemento | Rodas |
Falecemento | século I a. C. |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Ocupación | matemático, astrónomo e xeógrafo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xémino (en grego antigo: Γεμῖνος, en latín: Geminus) foi un astrónomo e matemático grego de Rodas de finais do século -II Ie principios do século -I.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Non se sabe nada da súa vida. Chámase de Rodas porque nos seus escritos mostra un bo coñecemento da illa, pero os autores antigos que o citan non din o seu lugar de nacemento e refírense a el como Xémino, simplemente, ou como Xémino o matemático[1]. Nin sequera hai unanimidade na súa datación: a maioría dos autores sitúaa no século -I, pero outros, como Otto Neugebauer, dátano no século I[2]. Se fose o século -I puido ser un discípulo directo de Posidonio de Apamea, de quen recibiu unha forte influencia.
Obra[editar | editar a fonte]
Só se conserva un dos seus libros: Εἰσαγωγὴ εἰς τὰ Φαινόμενα ('Introdución aos fenómenos'). Trátase dun tratado de astronomía no que explica dun xeito moi didáctico todo o coñecemento da astronomía grega, agás a teoría planetaria. Está baseado principalmente no traballo de Hiparco de Nicea, pero engade numerosas contribucións doutros astrónomos gregos e babilónicos.
Por referencias de autores posteriores (especialmente Proclo) sabemos que tamén escribiu un libro sobre matemáticas: Θεωρία τῶν µαθηµάτων ('Teoría das Matemáticas'), do que se conservan considerables citas.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Smith, William (ed.) (1867). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I, Vol. II i Vol. III (en inglés). Boston: Little, Brown and Co. Vol. II Páx. 288 GEMINUS [A. De. M.]
- Evans, James; Breggren, J. Lennart (2006). Geminos' Introduction to the Phenomena (en inglés) (1a ediciós ed.). New Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-12339-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. " Geminos de Rodas " (en inglés). Arquivo de Historia das Matemáticas de MacTutor. Escola de Matemáticas e Estatística, Universidade de St Andrews, Escocia. (en inglés)
- Xémino . Diccionario completo de biografía científica. 2008. Enciclopedia.com. Consultado o 21 de xullo. 2013 < http://www.encyclopedia.com >.