Aristeo de Crotona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aristeo de Crotona
Nacemento370 a. C.
Falecemento300 a. C.
Ocupaciónmatemático
editar datos en Wikidata ]

Aristeo de Crotona (latín Aristaeus, grego antigo Αρισται̂ος, 'Aristaios') fillo de Damofonte, foi un matemático grego do século -IV. Probabelmente foi contemporáneo de Euclides.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe nada da súa vida, agás o que di del o matemático Pappos de Alexandría. Escribiu cinco libros sobre Os sitios sólidos onde formulou teorías sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Influíu en Euclides, pero a súa obra era máis relevante e orixinal. A súa obra é coñecida polas referencias de Euclides e Pappos, así como do matemático Hipsicles. Como se descoñece o contido das súas obras, toda a orixinalidade do estudo sobre cónicas reside en Apolonio de Perge[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chasles, Michel (1875). Aperçu historique sur l'origine et le developpement des méthodes en géometrie. París: Gauthier-Villars. p. 7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Aristeu de Crotona» (en inglés). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. (en inglés)