Betéitiva
Coordenadas: 5°55′N 72°49′O / 5.917, -72.817
Betéitiva | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Capela en Betéitiva. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Boyacá | ||
Demografía | |||
Densidade | hab/km² | ||
Outros datos | |||
Páxina oficial |
Betéitiva é unha vila e concello da provincia de Valderrama, no departamento colombiano de Boyacá. O centro urbano de Betétiva atópase a 250 quilómetros da capital do país, Bogotá, a 110 quilómetros da capital de departamento, Tunja, e 45 quilómetros de Sogamoso. O concello, que se atopa no Altiplano Cundiboyacense, limita con Belén polo norte, con Paz de Río polo nordeste, con Tasco polo leste, con Corrales polo sueste e con Busbanzá e Cerinza polo oeste.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome Betéitiva deriva do nome muisca do cacique Betacín. Segundo un mito muisca, Betacín namorouse da filla do iraca de Sugamuxi e tras ser rexeitado retirouse na zona agora coñecida como Betéitiva.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Antes da conquista española, a rexión de Betéitiva estaba habitada polos muiscas, organizados na Confederación Muisca. Diferentes gobernantes reinaron nas terras altas dos Andes colombianos e Betéitiva estaba gobernado polo cacique Betacín.
A Betéitiva moderna foi fundada o 14 de outubro de 1556 por Juan Salamanca.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ (en castelán) Etymology Betéitiva - Excelsio.net
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 14 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)