Villa de Leyva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°37′59″N 73°31′32″O / 5.63306, -73.52556

Villa de Leyva
Flag of Villa de Leyva.svg
Escudo de Villa de Leyva.svg
Paisaje Villa de Leyva.JPG
Vista de Villa de Leyva.
Localización
Villa de Leyva en Colombia
Villa de Leyva
Villa de Leyva
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
RexiónRicaurte
Xeografía
Altitude2 149 msnm
Superficie128[1] km²
Demografía
Poboación16 984 (2015)[2]
Densidadehab/km²
XentilicioVillaleyvano, -a
Outros datos
Código postal154001-154009[3]
AlcaldeVíctor Hugo Forero (2016-2019)
Páxina oficial

Villa de Leyva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Ricaurte do departamento de Boyacá. Está situado a 40 km ó oeste de Tunja, capital do departamento. Foi fundado en 1572 co nome de Villa de Santa María de Leyva e recoñecida como monumento nacional en 1954.[4] Caracterízase por conservar a súa arquitectura de estilo colonial, e polas súas variadas paisaxes rurais que van dende a zona de páramo cos seus nacementos e reservorios de auga até a zona desértica. Salienta tamén a súa enorme praza principal, empedrada (área de 1,4 ha) que se atopa arrodeada por vellos edificios coloniais. É considerada unha das vilas máis fermosas de Colombia, sendo o vila e os seus arredores un dos destinos turísticos máis importante no país. A Villa de Leyva chégase por vía terrestre a través de estradas que a comunican con Tunja (capital do departamento de Boyacá), con Chiquinquirá, Arcabuco e Santa Sofía (Boyacá).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Villa de Leyva conta con 128 km², atópase sobre a cadea montañosa chamada cordilleira oriental que forma parte dos Andes, na rexión central do departamento de Boyacá, nunha zona montañosa que rodea un val coñecido dende épocas precolombianas chamado inicialmente polo indíxenas val de Zaquencipá, logo val de Monquirá e que ocupa a provincia de Ricaurte. A vila áchase a 2.143 msnm.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información general de Villa de Leyva". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. "4-72". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  4. El mundo.com. "Pueblo que conserva su arquitectura colonial - Villa de Leyva, todo un monumento nacional". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]