Chiscas
Coordenadas: 6°32′N 72°30′O / 6.533, -72.500 Chiscas é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, parte da provincia de Gutiérrez. Atópase a 252 quilómetros de Tunja, capital do departamento. O 60% da extensión do territorio pertence ao ecosistema de páramo, e unha fracción do territorio forma parte do Parque Nacional Natural El Cocuy.
Historia[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Chiscas estivo habitado polos indíxenas laches e chiscas, da familia dos u'wa.
O primeiro conquistador que chegou a esta rexión foi Jorge de Espira no ano 1536; ao atopar resistencia por parte dos nativos retirouse ata El Espino; foi ata 1541, despois de cinco anos, que Hernán Pérez de Quesada logrou someter aos indíxenas de Chiscas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 15 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)