Tópaga
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Boyacá | ||||
| Provincia | Provincia de Sugamuxi | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 37 km² | ||||
| Altitude | 2.900 m | ||||
| Creación | 1593 | ||||
| Sitio web | topaga-boyaca.gov.co… | ||||
Tópaga é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Sugamuxi. Tópaga atópase no Altiplano Cundiboyacense, co seu centro urbano a unha altitude de 2 900 metros, mentres que a topografía do concello varía dende os 2 400 metros até os 3 200. Limita con Nobsa e Corrales polo oeste, con Mongua e Gámeza polo leste, con Gámeza polo norte e con Monguí e Sogamoso polo sur. A capital do departamento, Tunja, está a 98 quilómetros. O río Chicamocha discorre por Tópaga.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Praza central.
- Interior da capela.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 20 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
