Paipa é un concello colombiano situado no centro-leste do país. Administrativamente atópase na provincia de Tundama do departamento de Boyacá. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 27.274 habitantes, o que o converte no sexto municipio máis poboado de Boyacá. No eido económico, salienta como un dos principais centros turísticos de Boyacá.