Saltar ao contido

Iza, Boyacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iza, Boyacá
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1556 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.349 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   34 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.560 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1315386 Editar o valor en Wikidata
VIAF75144648351416568091 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09dmh8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Iza é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. Está situado a uns 90 quilómetros ó leste da cidade de Tunja.

O concello de Iza caracterízase pola conservación do seu contido histórico, o cal se manifesta no seu devanceiro prehispánico, arte rupestre, mitos, lendas, tradicións, a toponimia local, festexos e oficios como o tecido en algodón e la, empregando prácticas e teares da España medieval, así como na súa arquitectura colonial, trazos que a converteron en Ben de Interese Cultural de Carácter Nacional, polo Ministerio de Cultura de Colombia no ano 2002.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Iza provén da palabra muisca "za" que significa noite. Malia que en 1895 o nome da poboación cambiouse a Santa Isabel, pois segundo o dicionario castelán a palabra iza significaba concubina, os seus habitantes mantiveron o nome tradicional. O municipio tamén é coñecido como «Niño Verde de Boyacá», nome dado por Manuel Ancízar, quen contra o ano 1850 percorreu a rexión sendo partícipe da Comisión Corográfica dirixida por Agostino Codazzi. Na súa obra Peregrinación de Alpha polas provincias do norte da Nova Granada en 1850-1851, Ancizar refírese a Iza como un verde niño en alusión ós salgueiros, alisos, chicalás e demais vexetación que daban, como aínda hoxe, unha contorna natural ó centro urbano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]