Santa Rosa de Viterbo, Boyacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 5°53′N 72°59′O / 5.883, -72.983 Santa Rosa de Viterbo é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Tundama. Atópase a uns 67 quilómetros ao norte da cidade de Tunja e a 197 quilómetros da cidade de Bogotá. Durante o período da República de Nova Granada, foi creada a Provincia de Tundama en 1849, da que se converteu na súa capital ata a incorporación no Estado Soberano de Boyacá en 1858. Coa reforma político-administrativa do presidente Rafael Reyes Prieto (1904-1909), converteuse en capital do departamento de Tundama en 1905[1] e do departamento de Santa Rosa[2] dende 1908 ata 1910.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ley 46 del 29 de abril de 1905". Alcaldía de Bogotá. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  2. "Acto general, adicional y reformatorio de la constitución nacional: Leyes de 1908" (PDF). Biblioteca Luis Ángel Arango. p. 12. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]