Pajarito, Boyacá
Coordenadas: 5°25′N 72°42′O / 5.417, -72.700 Pajarito é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de La Libertad. O concello limita con Labranzagrande e Aquitania, en Boyacá e Yopal, Recetor e Aguazul do departamento de Casanare. O centro urbano atópase a unha distancia de 147 quilómetros da capital do departamento, Tunja, e a unha altitude de 800 metros nun val apertado, sen moito espazo para a expansión da área urbana. O centro ubrano experimenta corrementos de terra periódicos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)