Nuevo Colón
Coordenadas: 5°21′N 73°28′O / 5.350, -73.467 Nuevo Colón é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Márquez. O centro urbano atópase a unha altitude de 2 500 metros no Altiplano Cundiboyacense, a unha distancia de 34 quilómetros da capital do departmento, Tunja. Nuevo Colón limita cos concellos de Boyacá, Ventaquemada e Jenesano polo norte, Tibaná e Turmequé polo sur, Tibaná polo leste e Turmequé e Ventaquemada polo oeste.[1]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Nuevo Colón chamábase orixinalmente Chiriví, que era o nome da área antes da invasión dos españois, cando estaba habitada polo pobo muisca. Chiriví quere dicir "noso".[2] Recibiu o nome de Nuevo Colón en 1907.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)