Almeida, Boyacá
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.171 (2005) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 2.048 m | ||||
Sitio web | almeida-boyaca.gov.co… |
Almeida é un concello colombiano, que se atopa na provincia do Oriente, no departamento de Boyacá. Atópase a carón do encoro la Esmeralda que abastece a central hidroeléctrica de Chivor. Está comunicado vía terrestre co concello de Guateque, do cal dista 27,5 km. Ten unha superficie de 57,98 km²[1] e unha poboación de 1.754 persoas (2015).[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]O concello foi fundado nunha verea de nome Yavir do concello de Somondoco o 26 de abril de 1889, baixo o nome de La Santísima Trinidad, na honra de tres bispos da rexión. Posteriormente foi cambiado o nome polo actual Almeida, como tributo aos irmáns Almeida que loitaron pola independencia na batalla de Boyacá.
O 28 de agosto de 1906, erixiuse como a Parroquia da Trinidad. O 24 de setembro de 1907, efectuouse a fundación oficial por medio do Acordo Departamental No. 003 do 4 de xullo de 1907, baixo a presidencia do xeneral Rafael Reyes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información general de Almeida". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ Censo de 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 16 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)