Confederación muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Confederación Muisca»)
Confederación Muisca

1450–1537
Confederación muisca
no Altiplano Cundiboyacense
Goberno do Zaque en amarelo
Goberno do Zipa en verde
Territorios independentes en vermello
Capital Hunza e Bacatá
(~1450–1540)
Lingua Muysccubun
Relixión Relixión muisca
Goberno Monarquía
zaque e zipa
 • ~1450-1470 zaque Hunzahúa
zipa Meicuchuca
 • 1470–1490 zaque Saguamanchica
zipa Michuá
 • 1490–1537

1490–1514
zaque Quemuenchatocha
zipa Nemequene
 • 1514–1537 zipa Tisquesusa
 • 1537-1540
1537-1539
zaque Aquiminzaque
zipa Zaquesazipa
Período histórico América precolombiana
 • Establecido 1450
 • Conquista española das nacións chibchas 1537
Superficie
 • 1537 46.972 km²
Poboación
 • 1537 est. 2.000.000 
     Densidade 42,6/km²

A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.

A Confederación xurdiu cara o 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]

Poboación[editar | editar a fonte]

Descoñécese en gran medida o número de habitantes que conformaban a Confederación muisca, por mor de non existir censos confiables. Algo semellante ocorre en todo o continente. Existen tres correntes principais sobre a poboación muisca prehispánica:

  • Corrente baixista: De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300 000 a 500 000.[2] Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados.
  • Corrente moderada: Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800 000 a 1 200 000 persoas,[3] pero coa invasión española reduciuse a 650 000.
  • Corrente alcista: A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2[3] a 3 millóns,[4] aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.[5]

Xerarquía social[editar | editar a fonte]

Os muiscas estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.[6] No seo de todas as familias muiscas aplicábase o sistema de sucesión matrilineal, e o zipa só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos güechas.[7]

No muysccubun hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:

Algúns ornamentos dun gobernante muisca no Museo do Ouro de Bogotá.
  1. Zipa ou Zaque: Gobernante absoluto do Zipazgo ou do Zacazgo.
  2. Psihipqua: Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
  3. Uzaque: Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
  4. Zibyntyba: Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn.
  5. Tybarague: Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta.
  6. Chyquy: Sacerdote muisca.
  7. Pabahue: Amo e señor.
  8. Uaia: Ama e señora.
  9. Paba: Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas.
  10. Hue: Señor, ou xefe.
  11. Güecha: Guerreiro.
  12. Cupqua: Vasalo.
  13. Ubata: Servo comisionado para algunha misión especial.
  14. Tyuquyne: Mensaxeiro.
  15. Chuta: Criado.
  16. Bospquaoa: Criado do servizo doméstico.

Gobernantes muiscas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gobernantes muiscas.
A Balsa muisca é unha figura de ouro que representa a cerimonia de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa Sagrada de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural dos colombianos.[8]
Zipa Anos de reinado
Meicuchuca c. 1450-1470
Saguamanchica 1470-1490
Nemequene 1490-1514
Tisquesusa 1514-1538
Zaquesazipa 1538-1539
Zaque Anos de reinado
Hunzahúa -
Michuá ata 1490
Quemuenchatocha 1490-1537
Aquiminzaque 1537-1541

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introdución. París, 1871.
  2. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria P.75-77
  3. 3,0 3,1 Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia P.43
  4. "Televisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  5. Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse Melo: Historia (P. 63-69) e en Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia (P.65-140).
  6. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII
  7. Uricoechea, Ezequiel. Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha. (París, Maison Neuve, 1871) Introdcción, p. XXVIII
  8. [1] Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa Muisca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia de Colombia. (Editorial Océano. Tomo 2. Barcelona, España 2002).
  • Enciclopedia Colombia a su Alcance. (Espasa Siglo XXI. Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003).
  • Historia de Colombia. Tomo 1 (Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003).
  • Gran Enciclopedia de Colombia Temática. (Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994).
  • Fundación Misión Colombia: HISTORIA DE BOGOTÁ, Conquista y Colonia. (Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989).