Nobsa
Coordenadas: 5°46′11″N 72°56′24″O / 5.76972, -72.94000
Nobsa | |||
---|---|---|---|
Imaxe da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Boyacá | ||
Rexión | Sugamuxi | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 593 msnm | ||
Superficie | 55,39[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 16 271 (2015)[2][3] | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Nobsano, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Luis Hernando Calixto (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Nobsa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 14.946 habitantes. Nobsa forma parte da provincia do Sugamuxi..
No eido económico, salienta como un importante centro artesanal de Boyacá, destacada principalmente polos seus traballos en la. Tamén destaca pola actividade industrial, polo sector cementeiro e mineiro que opera neste concello.
Fundada en 1593 e declarada municipio en 1811, limita polo norte cos concellos de Santa Rosa de Viterbo e Floresta, polo leste con Corrales e Tópaga, polo oeste con Tibasosa e Santa Rosa de Viterbo e polo sur con Sogamoso e Tibasosa.
Toponimia[editar | editar a fonte]
Segundo a etimoloxía chibcha, Nobsa quere dicir “nome ilustre de persoa” e ten o carácter equivalente de nobreza na organización muisca.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Nobsa". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ Población de Nobsa, DANE, resultados oficiales del censo 2005, consultado o 17 de xullo de 2008.
- ↑ (en castelán) Etymology Nobsa - Excelsio.net
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nobsa ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)