Vaduz
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Coordenadas: 47°08′28″N 9°31′16″L / 47.141, 9.521
Vaduz | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Imaxe da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Ebenholz | Vila | ||
Xeografía | |||
Altitude | 445 msnm | ||
Superficie | 17´3 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5.521 hab. (decembro de 2017) | ||
Densidade | 288 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 9490 | ||
Alcalde | Karlheinz Ospelt | ||
www.vaduz.li |
Vaduz é a capital do principado de Liechtenstein. É a sede do goberno do Principado e o lugar de residencia da familia principesca desde 1939. A cidade acolle tamén a sede do Arcebispado de Liechtenstein, á par que constitúe unha recoñecida praza financeira internacional.
Contaba con 5.214 habitantes en 2010[1] e o seu termo urbano esténdese sobre 17,3 km². Está bañada polo río Rin e situada a 455 metros de altitude.
Topónimo[editar | editar a fonte]
O nome de "Vaduz" aparece mencionado por primeira vez no ano 1150 e polo que parece provén de avadutg, que en lingua romanche significa «acueduto». Alternativamente ofrécese a explicación dunha evolución híbrida do latín vallis "val" e o antigo alto alemán diutisk, "alemán" (deutsch en alemán moderno).
Historia[editar | editar a fonte]
Desde mediados do século XIV, o castelo de Vaduz era a residencia dos condes de igual nome. En 1719, o conde de Vaduz e a comunidade de Schellenberg uníronse para formar un principado que tomou o nome de Liechtenstein. Desde 1723, o principado obtivo o dereito de sentarse e votar no Reichstag (o parlamento ou dieta do Sacro Imperio Romano Xermánico).
Política[editar | editar a fonte]
O Gemeinderat ou Concello Municipal é elixido por catro anos por votación popular e conta con 12 membros.
Monumentos e sitios de interese[editar | editar a fonte]
A salientar:
- Castelo principesco, remonta ao século XII, con galerías de madeira e arrodeado de viñedos, domina sobre a cidade.
- Catedral e igrexa parroquial urbana de St. Florin , edificación neogótica construída entre os anos 1868 e 1873.
- Museo de Belas Artes de Liechtenstein (Kunstmuseum Liechtenstein), inaugurado no ano 2000, contén coleccións artísticas que abranguen do século XIX á actualidade.
- Museo Postal.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vaduz |