Musa ibn Nusayr
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 640 Hebrón |
| Morte | c. 716 Wadi al-Qura |
| Wali of al-Andalus (en) | |
| 712 – 714 – Abd al-Aziz ibn Musa → | |
| Wali of Ifriqiya (en) | |
| 703 – 712 ← Hassan ibn Numan (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Ocupación | líder militar, Uale (pt) |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | conquista musulmá do Maghreb invasión musulmá da Península Ibérica |
| Familia | |
| Fillos | Abd al-Aziz ibn Musa |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Abu Abd ar-Rahman Musa ibn Nusayr ibn Abd ar-Rahman Zayd al-Lajmi (en árabe,أبوعبد الرحمن موسى بن نصير بن عبد الرحمن زيد اللخمي), coñecido simplemente como Musa[1], nado no Iemen cara ao 640 e finado en Damasco, actual Siria, no 716, foi un militar musulmán, gobernador e xeneral da dinastía Omeia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na invasión musulmá da Península Ibérica, tomando parte na guerra civil que tiña lugar no Reino Visigodo entre os partidarios de Don Rodrigo e os de Akhila II, fillo de Vitiza. Foi este último quen solicitou a axuda de Musa, penetrando en territorio visigodo no 712.
Repartiu os seus dominios entre os seus fillos, feito polo cal o califa Suleimán I chamouno a Damasco a render contas, sendo acusado de malversación. Condenárono a morte, pero finalmente conmutóuselle a pena polo pagamento dunha considerable suma de diñeiro. Pouco despois asasinárono nunha mesquita de Damasco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Musa ibn Nusayr". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1430.