Califato omeia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Califato Omeia
árabe: ٱلْخِلَافَة ٱلْأُمَوِيَّة
entre 660 e 665–750

Bandeira

Califato omeia na súa máxima extensión (750)
Capital
Lingua Árabe clásico
Relixión Islam sunnita
Goberno califato
Historia
 • Establecido entre 660 e 665
 • Disolución 750
Precedido por
Sucedido por
Blank.png Califato Rashidun
Blank.png Imperio Bizantino
Blank.png Reino visigodoKingdom
Blank.png Exarcado de África
Blank.png Reino dos Aurès
Blank.png Reino de Altava
Blank.png Dinastía Brahman de Sindh
Blank.png Imperio Hephthalita
Califato Abbásida Blank.png
Emirato de Córdoba Blank.png
Barghawata Blank.png
Reino de Nekor Blank.png
Emirato de Tlemcen Blank.png

O califato omeia foi o segundo dos catro grandes califatos establecidos trala morte de Mahoma. O califato foi gobernado pola dinastía Omeia (en árabe: ٱلْأُمَوِيُّون, al-ʾUmawīyūn, ou بَنُو أُمَيَّة, Banū ʾUmayyah, "fillos de Umayyah"). O terceiro califa do califato Rashidun, Uthman ibn Affan (r. 644–656), foi tamén membro do clan omeia. A familia estableceu un goberno dinástico e hereditario con Muawiya ibn Abi Sufyan, gobernador de al-Sham (Gran Siria), que se converteu no sexto califa ao final da primeira guerra civil musulmá en 661. Trala morte de Mu'awiyah en 680, os conflitos pola sucesión acabaron na segunda guerra civil[1] e o poder finalmente caeu nas mans de Marwan I doutra rama do clan. A rexión de Siria permaneceu baixo o poder dos omeias, con Damasco como a súa capital.

Os Omeias continuaron as conquistas musulmás, incorporando Transoxiana, Sindh, o Magreb e a península Ibérica (Al-Andalus) ao mundo musulmán. Na súa máxima extensión, o califato omeia cubría 11 100 000 km2,[2] converténdoo nun dos máis grandes imperios do mundo por superficie. A dinastía finalmente foi derrocada por unha rebelión liderada polos abbásidas en 750. Os superviventes da dinastía establecéronse en Córdoba que, en forma de emirato e despois califato, se converteu nun centro mundial[3][4] da ciencia, da medicina, da filosofía e dos inventos, guiando o período da Idade de Ouro do islam.

O califato omeia gobernou sobre unha poboación multiétnica e multicultural. Os cristiáns, que constituían a poboación maioritaria do califato, e os xudeus podían practicar as súas propias relixións, aínda que tiña que pagar un imposto (jizya) do que estaban exentos os musulmáns.[5] Porén, existía tamén o imposto zakat só para os musulmáns, que estaba destinado explicitamente a programas para o benestar.[5][6] Os cristiáns tiñan postos relevantes, algúns deles pertencentes a familias que serviran nos gobernos bizantinos. O emprego de cristiáns era parte dunha política máis ampla de acordo relixioso que era precisa pola gran presenza de poboacións cristiás nas provincias conquistadas, como en Siria. Esta política tamén estimulou a popularidade de Muawiya e consolidou Siria como a base do seu poder.[7][8]

A era omeia adoita ser considerada o período de formación da arte islámica.[9]

Califas[editar | editar a fonte]

Caliph Reign
Caliphs of Damascus
Muawiya I ibn Abu Sufyan 28 de xullo de 661 – 27 de abril de 680
Yazid I ibn Muawiyah 27 de abril de 680 – 11 de novembro de 683
Muawiya II ibn Yazid 11 de novembro de 683 – xuño de 684
Marwan I ibn al-Hakam Xuño de 684 – 12 de abril de 685
Abd al-Malik ibn Marwan 12 de abril de 685 – 8 de outubro de 705
al-Walid I ibn Abd al-Malik 8 de outubro de 705 – 23 de febreiro de 715
Sulayman ibn Abd al-Malik 23 de febreiro de 715 – 22 de setembro de 717
Umar ibn Abd al-Aziz 22 de setembro de 717 – 4 de febreiro de 720
Yazid II ibn Abd al-Malik 4 de febreiro de 720 – 26 de xaneiro de 724
Hisham ibn Abd al-Malik 26 de xaneiro de 724 – 6 de febreiro de 743
al-Walid II ibn Yazid 6 de febreiro de 743 – 17 de abril de 744
Yazid III ibn al-Walid 17 de abril de 744 – 4 de outubro de 744
Ibrahim ibn al-Walid 4 de outubro de 744 – 4 de decembro de 744
Marwan II ibn Muhammad (gobernou dende Harran en Jazira) 4 de decembro de 744 – 25 de xaneiro de 750

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bukhari, Sahih. "Sahih Bukhari: Read, Study, Search Online". 
  2. Taagepera, Rein (setembro de 1997). "Expansion and Contraction Patterns of Large Polities: Context for Russia". International Studies Quarterly 41 (3): 496. JSTOR 2600793. doi:10.1111/0020-8833.00053. 
  3. Barton, Simon (30 de xuño de 2009). A History of Spain. Macmillan International Higher Education. pp. 44–5. ISBN 978-1-137-01347-7. 
  4. Venable, Francis Preston (1894). A Short History of Chemistry. Heath. p. 21. 
  5. 5,0 5,1 H.U. Rahman, A Chronology Of Islamic History 570–1000 CE (1999), p. 128.
  6. "Islamic Economics". www.hetwebsite.net. 
  7. Cavendish, Marshall (1 de setembro de 2006). World and Its Peoples. Marshall Cavendish. ISBN 9780761475712 – vía Google Books. 
  8. Haag, Michael (1 de novmebro de 2012). The Tragedy of the Templars: The Rise and Fall of the Crusader States. Profile Books. ISBN 9781847658548 – vía Google Books. 
  9. [1] The Art of the Umayyad

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]