Paulo Diácono
Paulo Diácono | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 720 |
Cividale del Friuli | |
Falecemento | c. 799 |
Abadía de Montecassino | |
Nacionalidade | Reino longobardo |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | historiador, poeta, monxe cristiano e escritor |
Coñecido por | Historia Langobardorum |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Paulo (o) Diácono (en latín Paulus Diaconus), nado en Cividale del Friuli cara ao 720 e finado na abadía de Monte Cassino o 13 de abril de 800, foi un erudito de orixe longobarda do século VIII.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu co nome de Warnefred na capital do Ducado do Friúl. A súa familia pertencía á vella nobreza longobarda, descendente dun tal Leupegis (ou Leupechi en italiano), que viviu no tempo do rei Alboíno.
Probabelmente formado en Pavía, capital longobarda, no reinado do rei Ratchis, permanece na corte real baixo os reis Aistolfo e Desiderio.
A partir de 782, participa no «Renacemento carolinxio» ao pasar cinco anos na corte de Carlomagno e despois volve a Italia onde empeza a escritura da súa Historia dos longobardos (Historia Langobardorum), unha historia do pobo longobardo que vai desde as orixes ao ano 744 (morte do rei Liutprando) e redactada de 787 a 789. Algúns atribúenlle a composición da oración Ave Maris Stella.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Historia Langobardorum (en latín).