Ayman al-Zawahiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAyman al-Zawahiri

(2001) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) أيمن الظواهري Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) أيمن مُحمَّد ربيع الظواهري Editar o valor em Wikidata
19 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata
Maadi (Reino de Exipto) Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Cabul, Afganistán Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Drone attack (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
General Emir of Al-Qaeda (en) Traducir
16 de xuño de 2011 – 31 de xullo de 2022
← Osama bin Laden Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAbdul Mu'iz Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeapátrida (1990–2022)
Exipto (1971–1990)
República Árabe Unida (1958–1971)
República de Exipto (1953–1958)
Reino de Exipto (1951–1952) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncirurxián , ulema , líder militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata - 31 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAl Qaida Editar o valor em Wikidata
Membro de
Al Qaida (1988–2022)
Jihad Islâmica Egípcia (pt) Traducir (1980–1998) Editar o valor em Wikidata
MovementoSalafi jihadism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeExército Egípcio (pt) Traducir, Jihad Islâmica Egípcia (pt) Traducir e Al Qaida Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Al Qaida Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Afganistán, Guerra no Noroeste do Paquistão (pt) Traducir, Guerra contra o terrorismo, Guerra dos Seis Días e Guerra de Afganistán Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMuhammad al-Zawahiri (pt) Traducir e Hussein al-Zawahiri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMuḥammad al-Aḥmadī Ẓawāhirī (en) Traducir (avó)
Abd al-Rahman al-Maghribi (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
31 de xullo de 2022Morte de Ayman al-Zawahiri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1686942 Editar o valor em Wikidata

Ayman Mohammed Rabie al-Zawahiri, nado o 19 de xuño de 1951 en Maadi (suburbio do Cairo, Exipto ) e finado o 31 de xullo de 2022 en Cabul (Afganistán) nun ataque cun vehículo aéreo non tripulado estadounidense, foi un xihadista exipcio e líder da rede terrorista Al-Qaida desde 2011 ata a súa morte.

Fillo dun farmacéutico, médico de formación e membro dos Irmáns Musulmáns, uniuse inicialmente á Xihad Islámica Exipcia. A finais da década de 1980 rompe cos Irmáns Musulmáns e participou na fundación da organización xihadista salafista Al Qaida. Despois converteuse no principal ideólogo desta rede terrorista liderada por Osama bin Laden, da que supostamente era o médico persoal. Despois da morte de Osama bin Laden, o 22 de maio de 2011, foi o líder de Al-Qaida ata a súa morte.

Empregou diferentes pseudónimos, como Abou Mohammed, Abou Fátima, Mohammed Ibrahim, Abou Abdallah, Abou al-Mu'iz, o doutor, o profesor, Nour, Abou Mohammed Nour ad-Dîn, Abdel Mouaz (Abdel Moez, Abdel Mouez) e outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

Ayman Al-Zawahiri naceu en Maadi (Exipto), un suburbio do Cairo, no seo dunha familia senlleira nos eidos relixioso e político.[1] Polo lado paterno, o tío avó de Ayman, dirixía a Universidade al-Azhar (un dos principais lugares de ensino do islam sunita), o seu avó materno fundou a Universidade do Rei Saud en Arabia Saudita en nome das autoridades relixiosas wahabíes e o seu tío materno, Abdul Rahman Azzam, foi secretario da Liga Árabe.[2][3][4] O seu pai, Muhammad Rabi Al-Zawahiri foi profesor de farmacoloxía na Escola de Farmacia da Universidade do Cairo. A súa familia estivo vinculada aos Irmáns Musulmáns desde a creación da confraría en 1928.

Foi un estudante islámico aplicado e en 1966, con 14 anos, Ayman Al-Zawahiri uniuse á súa vez aos Irmáns Musulmáns, coa intención de derrocar o réxime de Gamal Abdel Nasser.[2] Daquela quedou fascinado polo pensador Sayyid Qutb, que foi condenado a morte e executado o mesmo ano.[4]

Ingresou na facultade de medicina da Universidade do Cairo, licenciándose en 1974 e obtivo a súa especialización en cirurxía en 1978.[5]

A marca da súa fronte chámase zabiba, é un calo resultado da fricción entre a pel contra o chan no rezo islámico.[6]

Xihad Islámica exipcia[editar | editar a fonte]

En 1970, chegou ao poder Anwar el-Sadat tras a morte de Nasser. Nese contexto, o goberno liberou a varios islamistas e estes movementos coñeceron un importante crecemento nacendo dous grupos radicais: Gamaa al-Islamiya e a Yihad Islámica Exipcia. Segundo os xornalistas de Le Monde Christophe Ayad e Mouna Naïm: «Ao contrario de Gamaa Al-Islamiya, que pretende impor a sharia actuando a plena luz do día na sociedade, a Xihad Islámica pretende apoderarse do poder desde arriba, infiltrándose nos círculos militares».[2]

Nese contexto, Al-Zawahiri uniuse á Xihad Islámica exipcia no ano 1974. Naquela altura, o grupo tiña uns corenta membros e Al-Zawahiri mantiña en segredo a súa militancia: continúa vestindo ao estilo occidental e a súa familia descoñecía todas as súas actividades. Paralelamente, traballaba como cirurxián durante tres anos nunha base do exército exipcio e casou.[4]

En 1980, Ayman al-Zawahiri foi a Paquistán e traballou para a Media Lúa Vermella durante catro meses en Peshawar atendendo a refuxiados afgáns logo da invasión soviética.[4]

En 1978, a sinatura dos Acordos de Camp David con Israel provocou unha ruptura entre os círculos de Sadat e os islamistas. Así, o 6 de outubro de 1981, o presidente exipcio Anwar el-Sadat foi asasinado por un grupo de soldados pertencentes á Xihad.[1] Ayman al-Zawahiri foi detido canda a outros centros de islamistas e baixo tortura revelou o nome doutros compañeiros. Segundo afirmou máis tarde, coñecera o plan de magnicidio xusto nesa mañá.[4] Durante o xuízo afirmou ante as cámaras que "nosoutros somos musulmáns que cremos na nosa relixión. Estamos tratando de establecer un Estado islámico e unha sociedade islámica".[5] Exonerado do complot contra Sadat, foi condenado a tres anos de prisión por posesión ilegal dunha arma.[1] Durante a súa estadía na cadea, foi torturado e sometido a malos tratos frecuentemente, algo que redundou na súa radicalización.[5]

Logo da súa liberación, en 1984, al-Zawahiri marchou de Exipto cara Arabia Saudita, primeiro, e a Paquistán, onde tratou a muxahidins que loitaban contra os soviéticos en Afganistán.[1] Foi entón cando coñece a Osama bin Laden, de quen se converteu no médico persoal.[2] A finais de 1989, nun campamento preto de Khost en Afganistán, unha ducia de homes de distintas nacionalidades, entre eles Bin Laden e al-Zawahiri, fundaron a organización Al-Qaida.[7]

Al-Qaida[editar | editar a fonte]

Osama bin Laden e Ayman Al-Zawahiri, os dous fundadores de Al-Qaeda respondendo a unha entrevista cun xornalista paquistaní en novembro de 2001 .

En 1991, Osama bin Laden e Ayman Al-Zawahiri instaláronse en Sudán, onde Omar el-Bashir tomara o poder. Ese mesmo ano, converteuse no emir (líder) do grupo Xihad Islámica de Exipto.[8] Para entón, a Guerra do Golfo fixo que Bin Laden e os seus seguidores, visen nos Estados Unidos un "inimigo distante" que ameazaba o mundo islámico. Al-Zawahiri concordaba con este punto de vista creu necesaria unha acción transnacional.[2] É así que nestes anos, Xihad Islámica de Exipto e outros grupos comezaron a actuar baixo o paraugas de Al Qaida.[9]

Regresou clandestinamente a Exipto en 1993.[10] Alí rompeu cos Irmáns Musulmáns, que rexeitaron a violencia, e patrocinou varios atentados como o ataque contra a embaixada exipcia en Paquistán e un intento de asasinato fallado contra o presidente Hosni Mubarak en Adís Abeba no ano 1995.[1][11]

Sospéitase que en 1994 estivo no Iemen, un ano máis en Paquistán, e, en 1996, en Rusia.[2] Alí procuraba establecer unha base de operacións en Chechenia, entrou cunha identidade falsa e pasaporte sudanés. Foi detido o día da súa chegada, o 1 de decembro, e interrogado polo Servizo Federal de Seguridade ruso, mais non foi identificado e quedou en liderdade seis meses despois.[12]

En 1997, Ayman Al-Zawahiri estivo relacionado cun atentado en Luxor no que morreron 62 dúas persoas, entre elas 58 turistas estranxeiros. Segundo as investigacións xornalísticas, Al-Zawahiri, colaborou co grupo al-Gama'a al-Islamiyya na planificación desta acción.[13]

Lugartenente de Osama Bin Laden[editar | editar a fonte]

En 1998, Al-Zawahiri uniuse a Osama Bin Laden en Afganistán, logo da toma do poder dos talibán.[14] O 23 de febreiro de 1998, publicouse a fawta titulada "A fronte islámica mundial contra os xudeus e os cruzados", aínda que foi asinada por Bin Laden consideráse que foi autoría Al-Zawahiri.[15] Neste texto, Al-Qaida, anunciaba a ampliación das súas accións a nivel mundial e chamaba a matar a civís e militares dos Estados Unidos e os seus aliados. Deste xeito, segundo informes coetáneos da CIA, a organización Xihad Islámica quedou integrada en Al-Qaida.[16] Con todo, a disolución oficial non chegaría ata xuño de 2001.[17]

O 6 de agosto de 1998, Xihad Islámica mandou un fax a un xornal exipcio alertando de accións de vinganza contra os Estados Unidos. Ao día seguinte, detoránonse bombas ante as embaixadas dos Estados Unidos en Kenya e Tanzania, morrendo 225 persoas.[18] O goberno dos Estados Unidos imputou a Ayman al-Zawahiri por estes feitos.[19]

No ano 1999 foi incluído na listaxe de sancións internacionais das Nacións Unidas a talibáns e membros de Al-Qaida. Nela é identificado como líder militar e operacional e estreito colaborador de Osama bin Laden.[20] Nese ano tamén foi condenado a morte in absentia por un tribunal militar exipcio.[21]

Recompensa de 25 millóns de dólares publicada polos Estados Unidos para calquera información relacionada con Ayman Al-Zawahiri

Tamén axudou a organizar o atentado suicida contra o destrutor USS Cole en Adén o 12 de outubro de 2000 no que morreron 17 marines.[22] Foi considerado como un dos cerebros dos atentados do 11 de setembro de 2001.[23]

Despois da invasión estadounidense de Afganistán, a información sobre Ayman Al-Zawahiri vólvese confusa. Algunhas fontes, en 2002, dérono por morto, mais, en 2003 , Al Jazeera retransmitiu un vídeo e un son de Ayman Al-Zawahiri e bin Laden.[24]

Refuxiouse na zona fronteiriza entre Afganistán e Paquistán e foi obxectivo de ataques con vehículos aéreo non tripulados estadounidenses en varios momentos. En decembro de 2001 nun deles morreu a súa dona e, polo menos, un dos seus fillos en Afganistán.[25] Outro ataque, en 2006, causou a morte de 105 persoas, entre elas 76 nenos.[26]

Durante esa etapa fixo varias aparacións en medios mediante mensaxes, como o 23 de xaneiro de 2007, para criticar as decisións de George W. Bush con respecto a Iraq e Somalia.[27] O 24 de marzo de 2008, nunha mensaxe de radio chamou aos musulmáns a atacar intereses de Israel e dos Estados Unidos en todo o mundo.[28] En abril dese ano, noutra gravación denunciou que Irán e Hisbulá intentaban desprestixiar a Al-Qaida por indicar que Israel estaría implicado no 11-S.[29]

Líder de Al-Qaida[editar | editar a fonte]

O 22 de maio de 2011, Osama bin Laden foi asasinado nunha operación das forzas especiais dos Estados Unidos en Abbottabad (Paquistán). Polo que o 16 de xuño de 2011, foi nomeado líder de Al-Qaida e converteuse no home máis buscado do mundo.[30]

Interveu dúas veces en vídeo para expresar o seu apoio ás revolucións árabes, malia o rol irrelevante de Al-Qaida nelas.[31][32]

Para os analistas, a falta de carisma de Al-Zawahiri restoulle lexitimidade como combatente ante os grupos xihadistas. Malia o debilitamento político, deu maior autonomía ás células terroristas para acadar os seus obxectivos.[33] Inicialmente procurou asentar as súas redes no golfo de Adén e no Pérsico, así como no Corno de África e no Magreb.[34]

En 2013 a súa autoridade foi desafiada co nacemento do Estado Islámico en Iraq e no Levante (ISIS). En xuño dese ano, o antigo membro de Al-Qaida Mesopotamia e fundador do grupo Estado Islámico, Abu Bakr al-Baghdadi, anunciou a fusión entre Al-Nusra, sección de Al-Qaida en Siria, e o Estado Islámico de Iraq, algo que foi desautorizado por Ayman al-Zawahiri.[35] Malia a súa oposición, Al-Qaida non puido evitar a deserción de combatentes que se integraron nas filas de Abu Bakr al-Baghdadi, nin que este se internase en territorio sirio tomando o control de zonas antes controladas por Al-Qaida. Finalmente, en febreiro de 2014, Ayman al-Zawahiri rompeu co ISIS.[36][37]

Abu Bakr al-Baghdadi proclamouse califa en xuño de 2014.[38] Durante os anos seguintes, o ISIS coñeceu unha notable extensión atraendo a moitos terroristas radicalizados orixinarios de Occidente.[39] Intentando frear a extensión do ISIS, Al-Zawahiri, potenciou a acción de Al-Qaida no subcontinente indio.[40]

En xaneiro de 2015, Al-Qaida do Iemen reivindica os ataques do atentado contra Charlie Hebdo, unha revista satírica francesa, indicando que al-Zawahiri dera a orde de atacar como vinganza pola publicación dunha viñetas de Mahoma.[41] En agosto de 2015, al-Zawahiri aparece nun vídeo xurando fidelidade ao novo líder talibán, mulá Akhtar Mohammad Mansour, nun xesto que se interpretou como unha censura ao ISIS.[42] Repetería este recoñecemento ao seu sucesor, en 2016, Hibatullah Akhundzada. En 2017 chamou "mentirán" ao ISIS e afirmou que "excedían os límites do extremismo".[43][44]

Nos seguintes anos houbo informacións que sinalaban que estaba gravemente enfermo e mesmo anunciando a súa morte en 2020 por un ataque de asma.[45][46] Con todo, en 2021, un informe da ONU confirmou que estaba con vida aínda que débil para ser mostrado na propaganda. Tamén se indicaba que residiría nas zonas fronteirizas entre Afganistán e Paquistán.[47]

Morte[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 2022, o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, anunciou na Casa Branca que Ayman al-Zawahiri fora asasinado o 31de xullo de 2022 en Cabul ás 6 h 18 hora local, por un ataque de mísiles AGM-114 Hellfire disparados desde un dron manexado pola CIA.[48] No seu discurso, Biden cualificouno como un "asasino desapiadado" e que se "fixera xustiza".[49]

Al-Zawahiri moraba nunha residencia de Sherpur, o distrito diplomático da capital afgá, onde se trasladara logo de que os talibáns retomaran o poder. Estados Unidos considerou que os talibáns violaron os Acordos de Doha ao permitir o seu regreso a Afganistán.[50] Pola súa banda, Zabiullah Mujahib, voceiro do goberno talibán, culpou a Estados Unidos de actuar contra os Acordos de Doha por esta acción.[51]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "People in the News: Egyptian doctor emerges as terror mastermind". edition.cnn.com. Consultado o 2022-08-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Ayman Al-Zawahiri, une vie entière vouée au djihad". Le Monde.fr (en francés). 2022-08-02. Consultado o 2022-08-04. 
  3. Kepel, Gilles (2008-03-19). Al-Qaida dans le texte: Écrits d'Oussama ben Laden, Abdallah Azzam, Ayman al-Zawahiri et Abou Moussab al-Zarqawi. Traductions de Jean-Pierre Milelli (en francés). Presses Universitaires de France. ISBN 978-2-13-063988-6. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Ayman Al-Zawahiri, le cerveau d'Al-Qaïda". LExpress.fr (en francés). 2003-09-11. Consultado o 2022-08-04. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Ayman al-Zawahiri: Who was al-Qaeda leader killed by US?". BBC News (en inglés). 2022-08-02. Consultado o 2022-08-04. 
  6. Slackman, Michael (2007-12-18). "Fashion and Faith Meet, on Foreheads of the Pious". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-04. 
  7. "Ayman al-Zawahiri: from doctor to Osama bin Laden's successor". the Guardian (en inglés). 2011-06-16. Consultado o 2022-08-04. 
  8. Wright, Lawrence (2006). The Looming Tower. Alfred A. Knopf. p. 124. ISBN 978-0-375-41486-2. 
  9. "Al Qaeda Background: Al Qaeda Inside The Terror Network". www.pbs.org. Consultado o 2022-08-04. 
  10. "Ayman al-Zawahiri". Counter Extremism Project (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  11. Jones, Nate (2011-02-04). "Document Friday: Mubarak, al-Bashir, al-Zawahiri, and bin Laden. The 1995 Assassination Attempt in Addis Ababa". UNREDACTED (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  12. "Saga of Dr. Zawahri Sheds Light On the Roots of al Qaeda Terror". cryptome.org. Consultado o 2022-08-04. 
  13. Wright, Lawrence (2006). The Looming Tower. Alfred A. Knopf. pp. 256-257. ISBN 978-0-375-41486-2. 
  14. Christophe Ayad et Mouna Naïm, Ayman Al-Zawahiri, une vie entière dévouée au djihad, Le Monde, 2 août 2022.
  15. Wright, Lawrence (2006). The Looming Tower. Alfred A. Knopf. p. 259. ISBN 978-0-375-41486-2. 
  16. "[Title Excised]. "Terrorism: Incorporation of Ayman Zawahiri's al-Jihad Organization into Usama Bin Ladin's al-Qa'ida; Recent Activities of Egyptian Associates of al-Qa'ida," Central Intelligence Agency Intelligence Report.". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2022-08-04. 
  17. Bergen, Peter L. (2021-08-03). The Rise and Fall of Osama Bin Laden (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 978-1-9821-7052-3. 
  18. "CNN.com - Authorities target bin Laden's second-in-command - September 28, 2001". edition.cnn.com. Consultado o 2022-08-04. 
  19. "AYMAN AL-ZAWAHIRI". Federal Bureau of Investigation (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  20. "The list of individuals belonging to or associated with the Taliban". web.archive.org. 2006-07-28. Archived from the original on 28 de xullo de 2006. Consultado o 2022-08-04. 
  21. Research, CNN Editorial. "Ayman al-Zawahiri Fast Facts". CNN. Consultado o 2022-08-04. 
  22. "USS Cole Bombing". Federal Bureau of Investigation (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  23. "9/11 plotter and al-Qaeda leader killed in US drone strike". euronews (en inglés). 2022-08-02. Consultado o 2022-08-04. 
  24. "Timeline: Al-Qaeda tapes". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  25. "Al-Qaeda's remaining leaders". BBC News (en inglés). 2015-06-16. Consultado o 2022-08-04. 
  26. "41 men targeted but 1,147 people killed: US drone strikes – the facts on the ground". the Guardian (en inglés). 2014-11-24. Consultado o 2022-08-04. 
  27. "Zawahri ironisesur la stratégie américaine". L'Obs (en francés). 2007-01-23. Consultado o 2022-08-04. 
  28. "Al-Qaïda appelle à frapper Israël et les Etats-Unis". LExpress.fr (en francés). 2008-03-24. Consultado o 2022-08-04. 
  29. "Al-Qaeda accuses Iran of 9/11 lie" (en inglés). 2008-04-22. Consultado o 2022-08-04. 
  30. "Ayman al-Zawahiri appointed as al-Qaeda leader". BBC News (en inglés). 2011-06-16. Consultado o 2022-08-04. 
  31. Huyghe, François-Bernard (2011-08-03). "Al Zawahiri le discret". Le site de François-Bernard Huyghe (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-04. 
  32. "Who was al-Qaeda’s leader Ayman al-Zawahiri?". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2022-08-05. 
  33. Byman, Daniel. "Ayman al-Zawahiri’s Legacy of Terror". Foreign Policy (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  34. "IgadiPaper nº72". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2022-08-04. 
  35. "L'Etat islamique en Irak et au Levant, l'avenir du djihadisme mondial". Le Monde.fr (en francés). 2014-01-08. Consultado o 2022-08-04. 
  36. "Why Al-Qaeda Kicked Out Its Deadly Syria Franchise". Time (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  37. "Al-Qaeda disowns Isis as jihadist groups jostle for influence". Financial Times. 2014-02-03. Consultado o 2022-08-04. 
  38. "Isis 'declares new Islamic state' in Middle East". The Independent (en inglés). 2014-06-30. Consultado o 2022-08-05. 
  39. "ISIS By the Numbers: Foreign Fighter Total Keeps Growing". NBC News (en inglés). Consultado o 2022-08-05. 
  40. "Al-Qaida in Indian subcontinent plans revenge attacks over prophet remarks". the Guardian (en inglés). 2022-06-08. Consultado o 2022-08-05. 
  41. AGENCIAS, RTVE es / (2015-01-14). "Atentado contra 'Charlie Hebdo': Al Qaeda en Yemen reivindica el atentado contra 'Charlie Hebdo' "en venganza" por las viñetas de Mahoma". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  42. "En faisant allégeance aux talibans, al-Qaïda envoie un message à l'EI". RFI (en francés). 2015-08-13. Consultado o 2022-08-04. 
  43. "Al-Qaeda chief Ayman al-Zawahiri calls ISIS ‘liars’". Al Arabiya English (en inglés). 2017-01-06. Consultado o 2022-08-05. 
  44. "Takfir as Anti-Hegemonic Practice: Al-Shabab, Daesh and the Creation of New Political Communities". politicalscience.ceu.edu. Consultado o 2022-08-05. 
  45. Stickings, Tim (2020-11-20). "Al-Qaeda's leader Ayman al-Zawahiri has died, reports claim". Mail Online. Consultado o 2022-08-05. 
  46. Byman, Daniel L. (2020-11-17). "The death of Ayman al-Zawahri and the future of al-Qaida". Brookings (en inglés). Consultado o 2022-08-05. 
  47. Service, Tribune News. "Al-Qaeda leader Aiman al-Zawahiri probably alive but too frail: UN report". Tribuneindia News Service (en inglés). Consultado o 2022-08-05. 
  48. House, The White (2022-08-02). "Remarks by President Biden on a Successful Counterterrorism Operation in Afghanistan". The White House (en inglés). Consultado o 2022-08-05. 
  49. "Joe Biden anuncia a morte do líder de Al Qaeda nunha operación antiterrorista cun dron en Cabul". G24. Consultado o 2022-08-05. 
  50. "Zawahiri «n'est plus» : Joe Biden annonce la mort du chef d'Al-Qaïda". Europe 1 (en francés). Consultado o 2022-08-04. 
  51. "US killing al-Zawahiri in Kabul a violation of Doha pact: Taliban". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2022-08-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos:[editar | editar a fonte]