Peshawar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peshawar é unha cidade de Paquistán, capital da provincia da Fronteira Noroeste. Situada no extremo setentrional do país, no val do río Kabul ao pé do Hindu Kush ao norte e do Paso do Khiber no oeste que a separa de Afganistán, é o centro comercial da rexión, histórica entrada no subcontinente indio dende occidente. Conta con máis de tres millóns de habitantes (estimacións de 2010; gran número de refuxiados afgáns).

A súa situación estratéxica remonta as orixes da cidade a varios séculos antes da nosa era (época do reino budista de Gandhara que viu a chegada de Alexandre Magno) aínda baixo estudo arqueolóxico. Coñecida, porén, é a existencia de Purushapura, unha fundación khushana de arredor de dous mil anos de antigüidade, que converteuse na súa capital e á que o emperador mongol Akbar deulle o seu nome actual que significa "o lugar na fronteira". No século XIX foi obxecto de disputa entre sijs e británicos en cuxo poder mantívose ata a independencia da India.