Abu Bakr al-Baghdadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abu Bakr al-Baghdadi
Mugshot of Abu Bakr al-Baghdadi, 2004.jpg
Nacemento28 de xullo de 1971
 Samarra
NacionalidadeIraq
RelixiónIslam e Sunnismo
Alma máterUniversidade de Bagdá
Ocupaciónsacerdote, gobernante, político e terrorista
editar datos en Wikidata ]

Abu Bakr al-Baghadadi, nado en Samarra en 1971, é un xihadista iraquí, líder do Estado Islámico de Iraq e do Levante que se autoproclamou o 29 de xuño de 2014 califa so o nome de Ibrahim. Buscado polos Estados Unidos como terrorista[1], a revista Time considerouno en 2013 o terrorista máis poderoso do mundo[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se coñece moito da súa traxectoria vital , puido ser un imán antes da caída de Saddam Hussein[3] que podería xa estar en conexión con movementos salafistas[4], e segundo información aparecida en webs xihadistas conta cun doutoramento en estudos islámicos dunha universidade de Bagdad[5]. Logo da invasión norteamericana dirixiu pequenos grupos de militantes islamitas contrarios á presenza norteamericana ata que se integrou na organización iraquí de Al Qaida e presidiu o tribunal islámico da cidade de Rawa, preto da fronteira con Siria, onde segundo informacións xornalísticas gañou reputación pola súa brutalidade[6]. Detido polas forzas norteamericanas en 2005 estivo prisioneiro en Camp Bucca durante catro anos[7]. Tras a súa liberación integrouse no Estado Islámico de Iraq, onde tamén estaban os militantes de Al Qaida. Logo da morte do líder da organización, esta anunciou nun comunicado o 16 de maio de 2010 a elección de Abu Bakr como o seu novo dirixente. So o seu liderado, desde o outono de 2010, o grupo multiplicou os seus ataques, tanto contra os cristiáns e os xiítas como contra obxectivos gobernamentais e policiais. Entre os que salienta a toma de reféns o 31 de outubro de 2010, Día de Tódolos Santos, no interior da catedral de Bagdad, o que provocou a morte de 46 persoas[8].

Notas[editar | editar a fonte]