Avenida de Arteixo (A Coruña)
Avenida de Arteixo | |
---|---|
Mural da canteira de Santa Margarida, de Leopoldo Nóvoa | |
Tipoloxía | Avenida de acceso e saída da cidade |
Dimensións | |
Formato | 2 ou 3 carrís por sentido |
Localización | |
Inicio | Rúa de Juan Flórez |
Fin | Autoestrada de Carballo |
Localidade | A Coruña |
Como chegar | |
Bus | |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
A avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a rúa de Juan Flórez ata a rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela. A partir de aí continúa baixo a denominación de estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo,[1] mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A avenida de Arteixo aparece recollida por primeira vez no plan presentado por César Cort en 1945 co nome de Avenida do Parque, por arrodear o Parque de Santa Margarida[3] e concibiuse como alternativa á Avenida de Fisterra. A vía rematouse a principios da década de 1990.
En 2017, a avenida recuperou o nome galego.[4]
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Na avenida de Arteixo atópanse algúns lugares de interese, como o parque de Santa Margarida, co mural de Leopoldo Nóvoa,[5] o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e o centro comercial Marineda City.
O edificio no número 10, de Ramón Vázquez Molezún (1956)[6] ten fenêtres en longueur, ao estilo Le Corbusier. O centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez (1998) está situado no número 96.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez, P. (9 de xaneiro de 2009). "El Ayuntamiento sólo ha aprobado el cambio de 14 calles de la ciudad al gallego". 20 minutos (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- ↑ La normalización de la toponimia del callejero comienza en Arteixo
- ↑ González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
- ↑ A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
- ↑ Lobato, Xurxo (18 de maio de 2015). "Se está restaurando el mural de Leopoldo Nóvoa en el parque de Santa Margarita de A Coruña". Leopoldo Nóvoa. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- ↑ Legado Vázquez Molezún
- ↑ Noguerol y Díez
- ↑ "Centro de Saúde de Os Mallos". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.