O Centro de entretemento de Khan Shatyr é un edificio transparente da cidade de Astana, a capital de Kazakhstán. O proxecto arquitectónico deuno a coñecer o Presidente de Kazakhstán Nursultan Nazarbayev o 9 de decembro de 2006 e inaugurouse en xullo de 2010. Foi deseñado polo arquitecto británico e Premio PritzkerNorman Foster.[1]
A tradución literal de Khan Shatyr sería "a tenda do Khan" en referencia á tenda que un gobernante nómade kazakh empregaba durante as súas campañas e a estrutura do propio edificio estaría inspirada neste tipo de tenda. Con 150m de altura, ten unha base elíptica de 200 m que cobre unha área de 100000m m2.[2] Debaixo da carpa, ten unha área maior que 10 estadios de fútbol, cun parque interno a escala urbana, con zona comercial e de entretemento con prazas e rúas, un río, un minigolf e un resort de praia interior.