Río Ixim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Ixim
Astana-Ishim-7802.jpg
PaísCasaquistán, Rusia
NacementoEstepa casaca
Lonxitude2.450 km
Conca177.000 km2
DesembocaduraRío Irtich (conca do Obi)
Siberian Khanate map English.svg
Localización do Ixim /Ishim en Asia Central
O río Ixim en Astaná, xelado


O río Ixim ou Esil (en ruso Ишим, en casaco Есіл/Esil) é un afluente do Irtich pola súa beira esquerda. No seu curso de 2.450 km atravesa Casaquistán e o sur de Siberia occidental, xa en Rusia.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Ixim ten a súa fonte en Casaquistán, na estepa entre Astana e Karaganda. Daquela denomínase Esil (o seu nome casaco), e pasa pola capital casaca, Astana, e máis polas cidades de Atbasar e de Esil, primeiro, e logo por Petropavlosk, antes de atravesar a fronteira e entrar na Federación Rusa. Recibe entón o nome de Ixim, e pasa pola cidade homónima, para máis tarde desaugar no Irtich, case na altura da cidade de Ust-Ixim, converténdose nun subafluente do río Obi.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os seus afluentes destaca o Tersakam, pola esquerda, con 334 km de lonxitude.

Caudal[editar | editar a fonte]

As súas augas proceden sobre todo da fusión de neves. As augas do río conxélanse a comezos de novembro, e fican nese estado até o mes de abril ou maio, segundo o ano. En maio e xuño ten lugar a medra das augas. O seu caudal é, pois, moi variábel, oscilando entre os 56 m³/s e os 686 m³/s.

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

En parte o río é navegabel.