José García Barzanallana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José García Barzanallana
Jose Garcia Barzanallana (Manuel Ojeda).jpg
José García-Barzanallana y García de Frías
Ministro de Facenda
Período25 de xullo de 1876 - 11 de xullo de 1877
AntecesorPedro Salaverría
SucesorManuel de Orovio Echagüe
Datos persoais
Nacemento24 de febreiro de 1819
 Madrid
Falecemento21 de febreiro de 1903
 Madrid
PaiJuan García Barzanallana
Alma máterUniversidade de Barcelona
Profesiónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

José García Barzanallana y García de Frías, nado en Madrid o 24 de febreiro de 1819 e finado, tamén, en Madrid o 21 de febreiro de 1903, foi un avogado e político español, de familia asturiana, que foi ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII. Seu pai Juan García Barzanallana e seu irmán Manuel García Barzanallana tamén era facendistas coma el.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado en Dereito pola Universidade de Barcelona en 1839. Foi membro do Ateneo de Madrid, e secretario da institución en varias ocasións entre 1847 e 1850.[1]

A súa carreira política comezou en 1857 cando obtivo a súa acta de deputado por Teruel. Nos dous seguintes procesos electorais non saiu elixido polo que non volveu ao Congreso até 1864, cando obtivo un escano por Lugo e Teruel e , de novo, nas eleccións de 1867 por Alacant, Cuenca e Guadalaxara.[2] Máis tarde, en 1876, foi elixido senador por Lugo, e no ano seguinte (1877) pasou a ser senador vitalicio[3].

Entre o 25 de xullo de 1876 e o 11 de xullo de 1877, foi ministro de Facenda nun goberno presidido por Antonio Cánovas del Castillo, e no que o seu principal obxectivo foi a diminución do déficit e o control da Débeda[4], para o que creou varios impostos.

Durante a súa longa carreira na Administración Pública ocupou, entre outros, os cargos de Director de Aduanas, Impostos e Débeda, de presidente do Tribunal de Contas (1884), gobernador do Banco de España (1895 - 1897), e director da Compañía Arrendataria de Tabacos.

Tamén dirixiu o xornal madrileño "El Tiempo", en 1870, e foi membro das academias de Ciencias Morais e Políticas[5] e da de Xurisprudencia e Lexislación.

Obras[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Pedro Salaverría y Charitu
 Ministro de Facenda 
1876-1877
Sucesor:
Manuel Orovio Echagüe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Olmos, Víctor (2015). Ágora de la Libertad: Historia del Ateneo de Madrid (EPUB-DRM). Vol. I (1820-1923). Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788490604182. 
  2. "Ficha no Congreso". congreso.es. Consultado o 29-11-2017. 
  3. "Expediente personal do senador D. José García Barzanallana". senado.es. Consultado o 29-11-2017. 
  4. Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael (2006). La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Col. Ciencias Sociales nº 55. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. p. 33. ISBN 84-7733-779-9. 
  5. "Medalla nº28". Real Academia de Ciencias Morales y políticas. Arquivado dende o orixinal o 01-12-2017. Consultado o 28-11-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]