Francisco de Cárdenas Espejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco de Cárdenas Espejo
Francisco de Cárdenas, La Ilustración Española y Americana.jpg
Ministro de Gracia y Justicia
Período1874 - 1875
AntecesorEduardo Alonso Colmenares
SucesorFernando Calderón Collantes
Gobernador do Banco de España
Período1884 - 1885
AntecesorJuan Francisco Camacho de Alcorta
SucesorSalvador Albacete y Albert
Datos persoais
Nacemento4 de febreiro de 1817
 Sevilla
Falecemento3 de xullo de 1898
 Madrid
OrganizaciónPartido Liberal-Conservador
AfiliaciónsAcademia de Ciencias Morais e Políticas, Academia da Historia
Alma máterUniversidade de Sevilla
ProfesiónAvogado, xornalista e político
Relixióncatólica
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Cárdenas y Espejo, nado en Sevilla o 4 de febreiro de 1817 e finado en Madrid, o 3 de xullo de 1898[1], foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Alfonso XII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai foi Francisco de Cár­denas Vallesteros, avogado e notario sevillano[2]. Tras estudar leis na universidade da súa cidade natal obtería a cátedra de Lóxica, Gramática xeral e Ética da mesma universidade en 1837, que abandonou o ano seguinte, xa licenciado en leis, cando publicou Lecciones de Filosofía Moral, que provocou unha gran controversia entre a maioría tomista das facultades de Dereito[2].

En 1839, abre despacho de avogado en Sevilla e encárgase da dirección do semanario liberal conservador El Conservador. Abandonou Sevilla por problemas derivados dun artigo escrito no semanario e no ano seguinte, de novo en Sevilla, fundou a Revista Andaluza (1839).

En 1841, marcha a Madrid e restablece El conservador, xunto con Antonio de los Ríos Rosas, Nicomedes Pastor Díaz e Francisco Santa Cruz Pacheco. En 1844, dirixiu La Revista de Madrid, que abandonou para se facer cargo de El Globo, que fundou con Ale­jandro Llorente y Augusto Amblard[2] e dirixiu até 1846. Tamén foi director de El Derecho Moderno: revista de Jurisprudencia y Administración (1847) da que publicou doce tomos entre 1847 e 1853 e que foi a publicación máis prestixiosa na materia até a súa desaparición[3].

Foi membro da Academia da Historia (maio de 1871) e da Academia de Ciencias Morais e Políticas (dende o 26 de novembro de 1857).[4] Tamén tivo outros cargos como gobernador do Banco Hipotecario. Participou desde 1851 nas tarefas da Comisión Xeral de Codificación, da que resumiu os traballos nunha importante Memoria en 1871 na que se queixaba de que o excesivo número de participantes impediu a correcta realización do traballo[5]; e na redacción do Código Civil de 1889.[3]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En 1851, comeza a súa carreira política cando o ministro de Gracia y Justicia o nomea para formar parte da Comisión de Codificación. En 1853, cando consegue a subsecretaría en propiedade no Ministerio de Gobernación, ten que abandona-la revista que pasa a chamarse Revista de Jurisprudencia y Administración[2]. Foi deputado por Zaragoza nas eleccións de 1853 e 1857[6]. En 1858, foi nomeado asesor do ministro de Facenda, e se encargou da primeira Dirección Xeral do Rexistro dende a que organizou o Rexistro da Propiedade.

Foi nomeado Conselleiro de Estado en 1863, e en 1864, pasou ao Senado como senador vitalicio. Coa Revolución de 1868 retírase da política activa, renunciando ao cargo de Conselleiro, e desterrándose voluntariamente a París. Non retornou á política até a Restauración na foi ministro de Graza e Xustiza entre o 31 de decembro de 1874 e 9 de xaneiro de 1875 e dende esa data até o 12 de setembro de 1875[7] en dous gobernos sucesivos que presidiu Cánovas. Durante eles, aboliu leis como a do Matrimonio Civil e da redención de censos que se aprobaran durante o Sexenio Revolucionario. Dimitiu do cargo xunto con ministros de Estado e de Fomento, por estar en contra do criterio de eleccións por sufraxio universal.[2] Foi embaixador de España perante a Santa Sé[8] ante Pío IX entre 1876 e 1881. De novo, foi elixido senador por Córdoba en 1876 e senador vitalicio en 1877.[1] En xaneiro de 1884, co novo goberno conservador, foi nomeado Gobernador do Banco de España, cargo que abandonou en febreiro de 1885 cando foi nomeado embaixador en París.

Nos seus últimos anos, alternou o traballo no Senado coa atención aos estudos históricos e á presidencia da Academia das Ciencias Morais e Políticas, da que foi presidente dende 1892.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Diario exacto de la sublevación de alguna plebe de la parroquia de Omnium Sanctorum, vulgarmente llamado el Barrio de la Feria, de la M.N. y M.L. ciudad de Sevilla, cometida el miércoles 22 de mayo de 1622 (1841) con José Maldonado López. Sevilla: Álvarez.
  • Redactou as biografías de Antonio Gil y Zárate (1842) e de Mariano Roca de Togores para o Boletín de la Real Academia de la Historia.
  • Comentarios al código civil español.
  • De los vicios y defectos más notables de la legislación civil de España, y de las reformas que para subsanarlas se proponen en el proyecto de código civil (1852). Madrid: R. Rodríguez de Rivera.
  • Volume III da Colección de documentos inéditos: relativos al descubrimiento, conquista y organización de las antiguas posesiones españolas de América y Oceanía, sacados de los archivos del reino, y muy especialmente del de Indias (1865).
  • Calidad y circunstancias de los bandos políticos de España: desde el siglo XIII hasta fines del XV: Discursos leídos ante la Real Academia de la Historia en la recepción pública del Excmo. Sr. Francisco de Cárdenas, el día 3 de noviembre de 1872. Madrid: Impr. de Berenguillo.
  • Ensayo sobre la historia de la propíedad territorial en España (1873). (dixitalizado en Hathi Trust).
  • De la influencia del teatro en las costumbres y la protección que puede dispensarle el Estado: Informe de la Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1880). Madrid: E. Martínez (dixitalizado en Hathi Trust)
  • Estudios jurídicos (1884). Madrid: Estab. tip. de P. Nuñez.
  • Estado de la población y del trabajo en las islas de Cuba y Puerto-Rico: informe (1884). Madrid: T. Gutenberg.
  • Legis romanae Wisigothorum fragmenta ex códice palimpsesto sanctae Legionensis ecclesiae protulit (1896) con Fidel Fita i Colomer. Matriti, apud Ricardum Fe, Regiae academiae typografum.
Predecesor:
Eduardo Alonso Colmenares
 Ministro de Gracia y Justicia 
1874 - 1875
Sucesor:
Fernando Calderón Collantes
Predecesor:
Juan Francisco Camacho de Alcorta
 Gobernador do Banco de España 
1884 - 1885
Sucesor:
Salvador Albacete y Albert

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "CÁRDENAS ESPEJO, FRANCISCO DE". senado.es. Consultado o 12-09-2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Montero Ángel, Luis. "Francisco de Cárdenas y Espejo". rah.es. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2017. Consultado o 12-09-2017. 
  3. 3,0 3,1 "FRANCISCO CÁRDENAS Y ESPEJO (1817- 1898)". xtec.cat. Consultado o 12-09-2017. 
  4. "José María Segovia de Arana". racmyp.es. Arquivado dende o orixinal o 16-08-2017. Consultado o 12-09-2017. 
  5. Baró (1999), p. 92
  6. "CARDENAS ESPEJO, FRANCISCO DE". congreso.es. Consultado o 12-09-2017. 
  7. "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc. (1808-2000)". humanidades.cchs.csic.es. Consultado o 12-09-2017. 
  8. Espadas & García (2006), p. 277

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baró Pazos, Juan (1992). La codificación del derecho civil en España, 1808-1889 (en castelán). Santander: Servicio de Publicaciones Universidad de Cantabria. ISBN 84-8102-002-8. 
  • Espadas Burgos, Manuel; García Alía, Juan Carlos (2006). uscando a España en Roma (en castelán). Barcelona: Lunwerg Editores / CSIC. ISBN 84-00-08484-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]