Manuel Alonso Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1827 Burgos, España |
Morte | 13 de xaneiro de 1891 (64 anos) Madrid, España |
Ministro | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xurista |
Partido político | Partido Progresista |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Vicente Alonso Martínez, Casilda Alonso-Martínez y Martín |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Intento de un diccionario biográfico y bibliográfico de autores de la provincia de Burgos (1889) (en) , (sec:Alonso Martínez (Manuel), p.12-14) Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Manuel Alonso Martínez, nado en Burgos o 1 de xaneiro de 1827 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1891 foi un xurista e político español. Tivo a confianza de Isabel II de España, de Afonso XII e da raíña rexente María Cristina de Habsburgo. Chegou a ser ministro en varias ocasións. O seu bufete foi durante décadas un dos máis prestixiosos de España e foi o principal impulsor da carreira política do seu xenro o Conde de Romanones. O Código Civil español é considerado como un dos seus logros máis importantes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na cidade de Burgos, na rúa Fernán González. Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. Exerceu como avogado na súa cidade natal ata que durante o Bienio Progresista foi elixido Deputado pola provincia de Burgos. De 1855 a 1856 desempeñou o cargo de Ministro de Fomento baixo o goberno de Baldomero Espartero, destacando o seu labor no financiamento do Canle de Isabel II, e outorgóuselle a Gran Cruz da Orde de Carlos III. Uniuse á Unión Liberal de Leopoldo O'Donnell en 1857 e exerceu como Gobernador Civil de Madrid. De 1865 a 1866, durante a decadencia dos gobernos liberais e antes do Sexenio Democrático, foi Ministro de Facenda. Posteriormente, uniuse ao Partido Constitucional de Sagasta.
Tras abandonar a vida política, en 1869 foi elixido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e exerceu como xurista e escritor. En 1875, rompeu co Partido Constitucional e se escindiu cunha parte do partido que pretendía apoiar a Cánovas para a redacción dunha nova constitución, polo que foi nomeado presidente da comisión que habería de redactar o proxecto de Constitución de 1876 trala Restauración borbónica na persoa de Afonso XII. Ao mesmo tempo proseguiu os seus traballos xurídicos participando activamente na codificación do Dereito Civil.
En 1881 foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza baixo a presidencia de Práxedes Mateo Sagasta. En 1890 foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Á súa morte, a súa viúva dona Demetria Martín y Baraya foi distinguida co título de marquesa de Alonso Martínez.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Aínda que pertenceu ao movemento liberal, Alonso Martínez destacou por conviccións máis propias do Antigo Réxime. Convencido de que levar ao extremo as liberdades individuais dos homes podía levar a situacións caóticas, cría na sociedade organizada xerarquicamente. Así mantiña o discurso aristotélico e enfrontábase, non só a calquera teoría socialista, senón ao pensamento krausista igualmente.
Foi partidario da unión dos pobos en comunidades políticas cada vez máis grandes e tamén era reticente á influencia dos localismos.[1]
Predecesor: Francisco de Luján Miguel Romero |
Ministro de Fomento 1855 - 1856 |
Sucesor: Francisco de Luján Miguel Romero |
Predecesor: Manuel Moreno López |
Ministro de Fomento 1863 - 1864 |
Sucesor: Claudio Moyano |
Predecesor: Alejandro de Castro Casal |
Ministro de Facenda 1865 - 1866 |
Sucesor: Antonio Cánovas del Castillo |
Predecesor: Cristino Martos Balbi |
Ministro de Graza e Xustiza 1874 |
Sucesor: Eduardo Alonso Colmenares |
Predecesor: Saturnino Álvarez Bugallal |
Ministro de Graza e Xustiza 1881 - 1883 |
Sucesor: Vicente Romero Girón |
Predecesor: Francisco Silvela y de Le Villeuze |
Ministro de Graza e Xustiza 1885 - 1888 |
Sucesor: José Canalejas Méndez |
Predecesor: Cristino Martos Balbi |
Presidente do Congreso dos Deputados 1889 - 1890 |
Sucesor: Alejandro Pidal y Mon |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mirete (1975); p. 269-270
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Alonso Martínez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mirete, José Luis (1975). "M. Alonso Martínez y la polémica sobre la codificación en España". Anales de la Universidad de Murcia (Derecho) (XXXIII (1-2)): 263–274. ISSN 0463-9855.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 15 de decembro de 2011 en Wayback Machine. na Enciclopedia Virtual de Economía. (en castelán)
- Biografía e ficha persoalArquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine. no Congreso dos Deputados (en castelán)