El Comercio Gallego
El Comercio Gallego foi un periódico editado na Coruña entre 1877 e 1880.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu en novembro de 1877. Fundado por Juan Cuenca Fernández e Ramón Faginas, estivo dirixido por Joaquín Castro Arias e José María Montes. Entre os seus redactores figuraba José María de Alcántara e contaba coas colaboracións de Ricardo Acevedo Fullós e Octavio Lois Amado. Periódico de tendencia liberal-demócrata, sufriu varias suspensións en 1878. Cesou a súa publicación en 1880. Foi sucedido por El Noroeste.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986 (en castelán). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.