El Eco Ferrolano
El Eco Ferrolano | |
---|---|
Fundación | 1854 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ferrol |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Ferrolano foi un periódico editado en Ferrol de 1854 a 1869.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O periódico tivo dúas épocas ben diferenciadas.
Primeira época
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1854 baixo a dirección de José Canalejas Casas. Entre os seus colaboradores figuraron José Montero Aróstegui e Juan Antonio Lacaci. Cesou a súa publicación en 1855.
Segunda época
[editar | editar a fonte]Volveu aparecer o 5 de marzo de 1864, co subtítulo Periódico independiente, modificado en 1866 por Periódico de ciencias y literatura. Nun principio aparecía cada cinco días, despois foi bisemanal durante ano e medio, logo pasou a publicarse tres veces á semana (normalmente os mércores, venres e domingos), para finalmente converterse en diario en febreiro de 1867. Editábase na imprenta de Nicasio Taxonera. Estaba dirixido por Francisco Suárez García. Os redactores eran Domingo Díaz de Robles, Nazario de Puzo e Ventura Pueyo e entre os seus colaboradores figuraban José López de la Vega e Justo Gayoso. Centrouse nos contidos literarios e nas novas de información xeral. Cesou a súa publicación en 1869 pasando a denominarse El Tribuno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco Ferrolano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Taboada Moure, Pablo; et al. (2005). "Eco Ferrolano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.