Cruceiro Alfonso XII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso XII
Alfonso XII Spanish cruiser.jpg
O Alfonso XII nos anos 1890.
Historial Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg
Estaleiro Ferrol[1], España España
Clase Clase Reina Cristina
Posta en grella 12 de agosto de 1881
Botado 21 de agosto de 1887[2]
Asignado 6 de xullo de 1891
Viaxe inaugural 8 de xuño de 1871
Baixa 1900 [1]
Destino Desmantelado en 1908
Características xerais
Eslora 84,80 m
Manga 15,20 m
Calado 5,00 m
Aparello 1725 m² de velame
Propulsión • 1 máquina alternativa

• 1 hélice
Potencia 4100 cv
Velocidade 13 nós
Tripulación 380 tripulantes

O Alfonso XII foi un cruceiro non protexido da Armada española que permaneceu activo desde 1892 ata 1908. Recibía o seu nome en honra ao rei Afonso XII, foi o segundo dos tres compoñentes da Clase Reina Cristina.

Primeiros tempos[editar | editar a fonte]

Pouco logo de entrar en servizo, foi enviado a Tánxer en resposta a un incidente con Marrocos. Estivo ao longo de 1892 nos diversos actos e celebracións con motivo do IV Centenario do descubrimento de América, incluídas as revistas navais de Huelva e Xénova. Tamén participou nas operacións da Guerra de Melilla entre 1893 e 1894.

Guerra hispano-estadounidense[editar | editar a fonte]

O Alfonso XII no dique flotante da Habana.

Foi enviado a Cuba en outubro de de 1895 para axudar na loita contra a insurrección. Na noite do 15 de febreiro de 1898 no porto de A Habana, o Alfonso XII atopábase fondeado moi preto do acoirazado de segunda clase USS Maine (ACR-1), e foi testemuña da explosión do buque estadounidense, cuxos superviventes foron socorridos pola dotación do cruceiro español.

Ao estalar dous meses máis tarde o conflito cos Estados Unidos, o Alfonso XII seguía na Habana, necesitado de reparacións e imposibilitado para navegar, polo que desembarcou a súa artillería para reforzar as defensas costeiras.

Final na armada[editar | editar a fonte]

Ao ano seguinte volveu a España, ordenándose o 15 de xullo de 1899 a súa transformación en buque escola de artilleiros e procedeuse a desmontar en Ferrol os seus tubos lanza torpedos, aínda que os traballos foron suspendidos ao decidirse a súa baixa o 18 de maio de 1900; unha vez desarmado, a súa casco foi utilizado como depósito de carbón no Arsenal da Carraca (Cádiz). Foi vendido en 1907 e desmantelado en 1908.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Revista Naval" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  2. Spanish-American War Centenial Website - Alfonso XII

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chesneau, Roger, and Eugene M. Kolesnik, Eds. Conway's All The World's Fighting Ships 1860–1905. New York, New York: Mayflower Books Inc., 1979. ISBN 0-8317-0302-4.
  • Gray, Randal, Ed. Conway's All The World's Fighting Ships 1906–1921. Annapolis, Maryland:Naval Institute Press, 1985. ISBN 0-87021-907-3.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]