E un voou sobre o niño do cuco
| E un voou sobre o niño do cuco | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
E un voou sobre o niño do cuco[1] (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é unha novela escrita por Ken Kesey publicada orixinalmente en 1962. Ambientado nun hospital psiquiátrico de Oregón, a narrativa serve como un estudo dos procesos institucionais e da mente humana, así como unha crítica da psiquiatría[2] e un tributo aos principios individualistas.[3] Foi adaptada nunha obra de Broadway por Dale Wasserman en 1963. Bo Goldman adaptou a novela no filme Alguén voou sobre o niño do cuco, dirixido por Miloš Forman, o cal gañou cinco Premios Óscar.
A revista Time incluíu a novela na súa lista das "100 mellores novelas en inglés de 1923 a 2005".[4] No ano 2003 foi incluído na enquisa The Big Read da BBC poll sobre as 200 "novelas máis apreciadas".[5]
Foi traducido ó galego por Neila García Salgado e foi publicado pola editorial Kalandraka no ano 2020.[1][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 E un voou sobre o niño do cuco. Traducido por Neila García Salgado (1ª ed.). Pontevedra: Kalandraka. 2020. ISBN 978-84-16721-73-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "We Are Still Flying Over the Cuckoo's Nest". Psychiatric Times. Consultado o 2020-10-09.
- ↑ "An Analysis of Individualism in 'One Flew Over the Cuckoo's Nest'".
- ↑ "Time 100 Best English-language Novels from 1923 to 2005". Time. 16 de oubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 06 de febreiro de 2021.
- ↑ "BBC – The Big Read". BBC, abril de 2003, consultado o 23 de agosto de 2017
- ↑ "E un voou sobre o niño do cuco en Kalandraka". kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2021.