Saltar ao contido

Afonso VIII de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Afonso II de Castela»)
Modelo:BiografíaAfonso VIII de Castela

Estatua de Afonso VIII
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1155 Editar o valor en Wikidata
Soria, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1214 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Gutierre-Muñoz, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de las Huelgas Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Castela
1158 – 1214 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoReconquista e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Castela Editar o valor en Wikidata
Ocupacióngobernante, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla das Navas de Tolosa Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLionor Plantagenet (1170 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaRahel la Fermosa Editar o valor en Wikidata
FillosEnrique de Castilla
 () Lionor Plantagenet
Berenguela de Castela
 () Lionor Plantagenet
Sancho de Castela
 () Lionor Plantagenet
Sancha de Castela
 () Lionor Plantagenet
Orraca de Castela
 () Lionor Plantagenet
Branca de Castela
 () Lionor Plantagenet
Fernando de Castela
 () Lionor Plantagenet
Mafalda de Castela
 () Lionor Plantagenet
Lionor de Castela
 () Lionor Plantagenet
Costanza de Castela
 () Lionor Plantagenet
Henrique I de Castela
 () Lionor Plantagenet Editar o valor en Wikidata
PaisSancho III de Castela Editar o valor en Wikidata  e Branca, infanta de Navarra Editar o valor en Wikidata
ParentesRicardo I de Inglaterra, irmán da esposa Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
16 de xullo de 1212Batalla das Navas de Tolosa Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Enciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Castilla-109 Find a Grave: 62553726 Editar o valor en Wikidata
Afonso VII no centro, e a raíña Leonor á esquerda.

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela [1] dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Minoría de idade

[editar | editar a fonte]

Era o único fillo de Sancho III e Branca de Navarra. Ó morrer o seu pai, o 31 de agosto de 1158, só tiña tres anos de idade, polo que se lle asignou como titor a Gutiérrez Fernando de Castro. Este nomeamento, que levaba implícita a rexencia do reino, orixinou unha sanguenta rivalidade entre dúas poderosas familias nobiliarias, a galega dos Castro, á que pertencía o titor do rei, e a castelá dos Lara que pretendían dita tutela. Lograron facerse co xove rei, ó que trasladaron a Haza, dentro da súa zona de influencia.

Esta rivalidade derivou case nunha guerra civil, e nun período de desgoberno que foi aproveitado polos reinos veciños. En 1159 o rei navarro Sancho IV apoderouse de Logroño e de amplas zonas de A Rioxa, mentres que o tío do xove Afonso, o rei leonés Fernando II, fíxose con Burgos.

A proximidade de Fernando II, aliado dos Castro, ó lugar onde os Lara custodiaban a Afonso VIII, fixo que estes o trasladasen a Soria onde permaneceu ata 1162, cando os Lara, acosados por Fernando, que conquistara as cidades de Segovia e Toledo, decidiron entregarllo ó seu tío, aínda que o impediu a intervención dun fidalgo, que sacou ó pequeno do pazo real, poñéndoo baixo a custodia das vilas leais do norte de Castela, primeiro no castelo de San Esteban de Gormaz, e despois en Atienza e Ávila, cidade que desde entón recibe o título honorífico de "Ávila del Rey" ou "Ávila de los Leales", pola defensa que fixo do xove monarca.

Ó cumprir quince anos en 1170, acadando a maioría de idade, Afonso VIII foi proclamado rei de Castela nas Cortes que se convocaron en Burgos. Tras isto casou con Leonor de Plantagenet, filla de Henrique II de Inglaterra e de Aliénor de Aquitania, que achegou como dote o condado de Gascuña.

O seu primeiro obxectivo como monarca foi a recuperación dos territorios que lle foran arrebatados ó reino durante a súa minoría de idade. Aliouse co rei aragonés Afonso II o Casto, logrando arrebatar en 1173 a Sancho IV as comarcas que usurpara.

Esta alianza con Aragón quedou reforzada ó casar Afonso II coa súa tía Sancha.

En 1174 cedeu á Orde de Santiago a vila de Uclés (na actual provincia de Cuenca), sendo desde entón a casa principal da orde. Desde esta praza iniciou unha ofensiva contra os musulmáns, que culminou coa reconquista de Cuenca en 1177. A cidade rendeuse o 21 de setembro, festividade de San Mateu, celebrada desde entón polos conquenses.

En 1179 firmou co seu aliado aragonés o tratado de Cazorla, polo que os dous monarcas se repartiron sobre o papel, xa que non tivo resultados reais, os territorios do reino navarro, e ademais fixaron as zonas de conquista dos territorios musulmáns que cada monarca podía emprender, variando o ata entón vixente tratado de Tudilén, que firmaran Afonso VI e Ramón Berenguer IV. Polo novo Tratado de Cazola, o reino de Murcia pasaba a Castela, e a cambio o rei aragonés viuse libre do vasalaxe que debía a Afonso VIII.

No inverno de 1180 firmou en Carrión de los Condes o Fuero de Villasila y Villamelendro, trala petición efectuada polos responsables das citadas vilas.[2]

Tras fundar Plasencia en 1186, e coa intención de unificar á nobreza castelá, relanzou a reconquista, recuperando parte da Rioxa que estaba en mans navarras. Estableceu unha alianza con tódolos reinos peninsulares cristiáns (Portugal, León, Navarra e Aragón) para proseguir ordenadamente conquistando as terras ocupadas polos almohades.

En 1188 reuniuse en Carrión de los Condes co seu sobriño Afonso IX que acababa de suceder ó seu pai, Fernando II, como rei de León. Os dous monarcas firmaron un pacto de boa vontade, que Afonso VIII axiña rompeu para, aproveitando a debilidade do novo rei leonés no seu propio reino, invadir León e facerse con varias poboacións, entre elas Valencia de Don Juan e Valderas, e que iniciou un período de hostilidades que durou ata o 20 de abril de 1194, coa firma do tratado de Tordehumos. Nel o rei castelán comprometíase a devolver os territorios conquistados, e o leonés comprometíase a casar coa filla de Afonso VIII, Berenguela e, de morrer sen descendencia o reino de León pasaría a ser anexionado por Castela.

O acordo co reino de León permitiulle romper a tregua que mantiña cos almohades desde 1190, e iniciou incursións xunto ó arcebispo de Toledo, Martín López de Pisuerga, chegando ata Sevilla.

O califa almohade Abu Yaqub Yusuf al-Mansur, que se encontraba no norte de África, cruzou o estreito de Xibraltar e desembarcou en Tarifa á fronte dun poderoso exército, co que se dirixiu cara terras castelás. Afonso VIII recibiu a noticia e reuniu ó seu exército en Toledo, e aínda que conseguiu o apoio dos reis de León, Navarra e Aragón para facer fronte á ameaza almohade, non esperou a chegada das tropas e dirixiuse cara Alarcos, unha cidade-fortaleza en construción situada na actual provincia de Cidade Real, xunto ó río Guadiana. O 19 de xullo sufriu unha forte derrota, que supuxo unha importante perda de territorio e a fixación da nova fronteira entre Castela e o Imperio almohade nos montes de Toledo.

Batalla das Navas de Tolosa

[editar | editar a fonte]

Trala batalla de Alarcos, Afonso VIII encontrouse nunha perigosa situación, que en 1212 levou á posible perda de Toledo e de todo o val do Texo, polo que o rei solicitou ó papa Inocencio III a predicación dunha cruzada, á que non só responderon os seus súbditos casteláns, senón tamén os aragoneses co seu rei, Pedro II o Católico, os navarros dirixidos por Sancho VII o Forte, e ordes militares como as de Calatrava, do Temple, de Santiago e de Malta.

Con todos eles, e trala recuperación dos enclaves do val do Guadiana (Calatrava, Alarcos, Benavente...) alcanzou a esperada vitoria sobre o califa almohade Miramamolín na batalla das Navas de Tolosa, producida o 16 de xullo nas inmediacións de Santa Elena (Xaén).

Afonso VIII morreu en 1214, sendo sepultado xunto á súa esposa no Mosteiro de Las Huelgas de Burgos, panteón dos reis de Castela que el mesmo fundara.

Afonso VIII foi o fundador do primeiro estudo xeral español, o studium generale, en Palencia, que decaeu trala súa morte. Ademais, a súa corte foi un importante instrumento cultural, coa acollida de trobadores e sabios, especialmente pola influencia da súa esposa gascoa dona Leonor (irmá de Ricardo Corazón de León).

Nupcias e descendencia

[editar | editar a fonte]

O rei casou en setembro de 1170 en Burgos con Leonor de Plantagenet, filla de Henrique II de Inglaterra e de Aliénor de Aquitania. A influencia política e cultural da raíña foi notable, e profesáronse amor sincero. Da súa unión naceron catorce fillos:

A tradición popular conta que mantivo relacións amorosas cunha xudía chamada Raquel. Dita lenda deu lugar a varias obras literarias.

Afonso VIII na literatura

[editar | editar a fonte]
  1. A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo).
  2. O documento orixinal consérvase no Arquivo Histórico Nacional (Órdenes Militares. Santiago-Uclés, Carpeta 325, nº1). Narganes Quijano, F. e González Díez, E. (2004): Historia abreviada en el curso medio de Valdavia: Villabasta, Villaeles, Villanuño, Arenillas de Nuño Pérez, Villasila y Villamelendro. Ayuntamiento de Villaeles de Valdavia. 284 págs. Palencia ISBN 84-606-3616-X

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Reino de Castela

Segue a:
Sancho III de Castela
Afonso VIII de Castela
Precede a:
Henrique I de Castela
Borgoña