Pedro II de Aragón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Pedro o Católico, II de Aragón e I de Barcelona (1174 - Muret 1213), Rei de Aragón, Conde de Barcelona, Xirona, Osona, Besalú, Cerdanya, Pallars Jussà e Ribagorza (1196 - 1213), e señor de Montpelier (1204-1213).
Ascendentes e descendentes
[editar | editar a fonte]Fillo e sucesor de Afonso II o Casto e de Sancha de Castela ao trono da Coroa de Aragón á morte de seu pai en 1196.
Polo testamento do pai, Pedro herdaba Cataluña, así como os condados dependentes dela, e Aragón, mentres seu irmán Afonso II recibía a Provenza.
O 15 de xuño de 1204 casou con María de Montpelier, obtendo o dereito sobre a cidade. Moi logo intentou repudiala, sen éxito, para casar con María de Montferrat, herdeira do reino de Xerusalén. Desta unión naceron:
- o futuro rei Xaime I o Conquistador (1208-1276), rei de Aragón e conde de Barcelona.
- a princesa Sancha de Aragón (1205-1206).
Así mesmo Pedro tivo dous fillos ilexítimos:
- Pere del Rei (?-1254), capelán en Lleida,
- a infanta Constanza de Aragón (?-v1250), baronesa de Aitona, casada en 1220 con Guillem Ramón de Montcada, senescal de Cataluña.
No mesmo ano de 1204 fíxose coroar en Roma polo papa Inocencio III, tornándose o seu vasalo.
Política peninsular
[editar | editar a fonte]En Cataluña conseguiu encarcerar a Guerau de Cabrera, que ocupara os seus dominios do condado de Urgell.
Con Castela as relacións foran moi boas, pois era neto de Afonso VII de Castela. Asinou un tratado que prevía a fronteira n aliña Ágreda-Tarazona entre ese reino e Aragón. Axudou ao seu primo Afonso VIII de Castela contra os reis de León e máis do Navarra.
Participou, eficazmente, cos reis ibéricos cristiáns na batalla de Las Navas de Tolosa, na que lograron a vitoria sobre os almohades, o que permitiría unha rápida conquista de boa parte de Andalucía.
Política occitana
[editar | editar a fonte]En setembro de 1196 as Cortes reunidas en Daroca confirmaron a dupla función asinada no testamento de Afonso o casto : Pedro II en Cataluña e Aragón e seu irmán Afonso na Provenza. Porén Pedro sempre estivera interesado na Provenza e os seus estados veciños. Así se explica como xa no 1204 obrigou a seu irmán Afonso II da Provenza a facer as paces co conde Forcalquier, aliado seu.
En 1206 tivo que loitar contra os habitantes de Montpelier, revoltados contra el. A partir de 1209 e da conquista de Béziers e de Carcassona por parte de Simón de Montfort, protexeu os señores de Languedoc, recibiu as homenaxes dos condes de Tolosa, Comenge e Foix, tentando a reconciliación que lle pedía Inocencio III sobre o tema do catarismo. Concedeu, porén, a tutela de seu fillo Xaime a Simón e preparou o casamento entre Ramon VII de Tolosa e a súa irmá Eleonor. Os seus intentos de pacificación fracasaron. Naquela altura buscou a guerra contra Simón de Montfort. O 12 de setembro de 1213, Pedro tentou tomar Muret, un lugar encastelado ao Sur de Tolosa, onde se refuxiaban os homes de Simón. Os seus cabaleiros no puideron tomar o castelo e sufriron a contraofensiva dos occitanos sobre o seu exército, moito máis numeroso. Pedro arriscouse e os homes de Simón, que o descubriron na batalla, matárono. Os seus cabaleiros, vendo a morte do rei, fuxiron.
Pedro foi sepultado no priorado de Hospitalarios de Sijena, fundado en 1188 por Sancha de Castela, a súa nai.
Fin da aventura occitana
[editar | editar a fonte]O desastre de Muret coutou a aventura occitana dos catalano-aragoneses, que houberon aínda de coñecer as guerras civís da minoridade do príncipe Xaime, debendo pagar ademais todas as débedas provocadas pola política expansionista de Pedro I, quen hipotecara Roerga e Gavaldá a Ramon VI de Tolosa, cobrando o bovatge de 1205 e esixindo impostos ás ordes relixiosas.
Ao longo do seu reinado as angustias financeiras levárano a emitir diñeiro baixa lei. Até 1213 no se recuperou a moeda coa cuñaxe dita de corte con diñeiros de lei debida.
Predecesor: Afonso II |
Rei de Aragón Conde de Barcelona 1196 - 1213 |
Sucesor: Xaime I |
Predecesor: Guillerme VIII |
Señor de Montpelier (Con súa esposa María) 1204 - 1213 |
Sucesor: Xaime I |