Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.
Na Idade Media, foi o máis importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa católica.