Adria Airways
Aparencia
Adria Airways | ||
---|---|---|
IATA JP | OACI ADR | Indicativo ADRIA |
Fundación | 14 de marzo de 1961 | |
Plan de voo frecuente | Miles & More | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 11 | |
Destinos | 23 | |
Eslogan da compañía | Taking Off To The Future | |
Sede | ||
Dirixentes | Mark Anžur (CEO) | |
Páxina web: http://www.adria.si/ |
Adria Airways d.o.o., anteriormente Inex-Adria Airways, foi a aeroliña nacional de Eslovenia. A compañía realizaba voos regulares echárter a destinos en Europa. Era membro da alianza Star Alliance dende 2004 e é socio de Lufthansa dende 1996.
As oficinas principais da compañía atopábanse no aeroporto de Liubliana e tamén tiña oficinas en Bruxelas, París, Moscova, Frankfurt, Zagreb e Zürich, ademais de axentes de vendas en todos os países europeos. O 30 de setembro de 2019 a compañía declarouse en bancarrota e cesou todas as súas operacións.
Frota
[editar | editar a fonte]No momento do cesamento de actividade a frota de Adria Airways estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A319-100 | 3 | — | 142 | |
144 | ||||
Bombardier CRJ700ER | 2 | — | 70 | Un alugado a Luxair[2] |
72 | ||||
Bombardier CRJ900LR | 9 | 3[3] | 86 | Dous alugados a Austrian Airlines[4] Dous alugados a Lufthansa[5] Un pintado coa librea Star Alliance |
90 | ||||
Saab 2000 | 6 | — | 50 | Dous alugados a Swiss International Air Lines[6] Dous almacenados[7] |
Total | 20 | 3 |
Accidentes e incidentes
[editar | editar a fonte]- 30 de outubro de 1975: voo 450 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9-32 esnafrouse durante unha aproximación entre a neboa preto da vila de Suchdol, Checoslovaquia. Morreron 75 dos 120 ocupantes do avión.[8]
- 10 de setembro de 1976: un Douglas DC-9-31 de Inex-Adria e un Hawker Siddeley Trident 3B de British Airways víronse involucrados nunha colisión aérea sobre Zagreb, morrendo 176 persoas. A colisión atribuíuse a un erro do control de tráfico aéreo.[9]
- 1 de decembro de 1981: voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet, un McDonnell Douglas MD-81 esnafrouse contra unha montaña mentres se aproximaba ao aeroporto Campo dell'Oro en Ajaccio, Córsega morrendo os seus 180 ocupantes.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adria Airways given one week lifeline". exyuaviation.com. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Adria to wet-lease CRJ700 to Luxair". exyuaviation.com. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Adria to acquire three CRJ900s". exyuaviation.com. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Adria Airways bo marca 2018 družbi Austrian Airlines v večmesečni wet lease najem posodila dve letali Bombardier CRJ-900". blog.uporabnastran.si. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Lufthansa to wet-lease Adria jets". exyuaviation.com. Consultado o 2018-04-11.
- ↑ "Adria to wet-lease entire Airbus fleet in winter". exyuaviation.com. Consultado o 2018-10-15.
- ↑ "Adria considering Bombardier jet lease". exyuaviation.com. Consultado o 2018-04-11.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 YU-AJO Praha-Ruzyne International Airport (PRG)". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 YU-AJR Vrbovec". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-81 (MD-81) YU-ANA Ajaccio-Campo dell'Oro Airport (AJA)". www.aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adria Airways |