O voo 450 de Inex-Adria Aviopromet era un servizo chárter internacional dende Tivat e Praga. O día 30 de outubro de 1975 o McDonnell Douglas DC-9-32 que se esnafrou no suburbio de Suchdol, en Praga. O avión, con 115 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo, descendeu a un desfiladeiro durante a súa aproximación ao aeroporto de Praga Ruzyně e foi incapaz de superar o terreo ascendente. O accidente matou a 75 dos 120 ocupantes do aparello.
O aparello que operaba o voo era un McDonnell Douglas DC-9-32 con rexistro YU-AJO e número de serie do fabricante 47457. Fora fabricado en 1971 e entregouse en abril dese ano á aeroliña alemá Atlantis con rexistro D-ADIU. En outubro de 197 Atlantis deixou de operar e en marzo de 1973 o avión pasou a mans de Inex-Adria.[1]
O DC-9 voaba dende Tivat ata Praga e atopábase na aproximación para aterrar na pista 24 do aeroporto de Praga Ruzyně baixo condicións de brétema cunha visibilidade horizontal de 1 500 metros. O sistema de aterraxe instrumental da pista non estaba dispoñible para guiar ao avión na súa aproximación final. A tripulación decendeu sen decatarse a un desfiladeiro do río Vltava por debeixo da elevación do aeroporto despois de facer un xiro á dereita para dirixirse á pista. Os pilotos puxeron os motores a máxima potencia e intentaron elevar o avión para sacalo do desfiladeiro, pero o aparello golpeou varias árbores e un edificio e esnafrouse a uns 90 metros por debaixo da elevación do aeroporto ás 9:20 am. Dos 115 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo, 71 pasaxeiros e 4 tripulantes morreron.[2] Foi o peor accidente aéreo ocorrido na República Checa.