Hawker Siddeley Trident

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hawker Siddeley Trident 3B»)
HS 121 Trident
Tipoavión de pasaxeiros de fuselaxe estreita
FabricanteHawker Siddeley
Primeiro voo9 de xaneiro de 1962
Introducido1 de abril de 1964
Estadoretirado
Unidades construídas117

O Hawker Siddeley HS 121 Trident (orixinalmente de Havilland D.H.121 e Airco DH 121) foi un avión de pasaxeiros británico de curto e medio alcance. Foi o primeiro avión de pasaxeiros coa cola en T e tres motores na parte traseira da fuselaxe en ser deseñado. Tamén foi o primeiro avión deste tipo en realizar unha aterraxe ás cegas en servizo no ano 1965.[1]

O Trident apareceu como resposta a unha petición da aeroliña estatal British European Airways Corporation (BEA) solicitando un reactor de pasaxeiros para as súas principais rutas no oeste de Europa. O goberno persouadira a BEA para realizar esta petición a pesar da súa falta de vontade para mercar unha gran frota de reactores. Os requirimentos da aeroliña variaron moito na década dos 50 e unha década despois evolucionaron radicalmente lonxe do que o Trident podería ofrecer. A adaptación ás cambiantes especificacións de BEA foi amplamente vista como unha limitación ás solicitudes doutras aeroliñas e atrasou a súa entrada en servizo.

Durante a súa xestación, o Trident estivo tamén envolto nun plan do goberno para racionalizar a industria aeronautica británica.[2] Os movementos corporativos e as intervencións do goberno resultante contribuíron a máis atrasos causando que entrase en servizo dous meses despois que o seu principal competidor, o Boeing 727, facendo que perdese máis vendas potenciais.

Cara ao final do programa en 1978 fabricáranse 117 Trident. O sucesor de BEA, British Airways, retirou os seus Tridents a mediados da década dos 80. O seu servizo rematou na China a principios dos anos 90.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kenward, Michael (10 de febreiro de 1972). "Cutting through the fog with autoland". New Scientist 10: 321–323. 
  2. Flight International (ed.). "Hawker Siddeley Mergers". Consultado o 23 de decembro de 2016.