Adela Figueroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Adela Figueroa Panisse 6 de decembro de 1948 (75 anos) Lugo, España |
Formación profesional | Ciencias Biolóxicas |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, activista, bióloga, escritora, profesora de ensino secundario |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Familia | |
Fillos | tres |
Pai | Antón Figueroa Mosteiro |
Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.[2]
Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nunca Máis en Lugo, así como presidenta de ADEGA (2005-2010), das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (sita en Ramil, Agolada). Participou nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Foi vogal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos e colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento.[3]
Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.
É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.[4]
En 2021 publicou As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, da que di Claudio Rodríguez Fer[5]:
é unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.
Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato da editorial ECIR.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Vento de amor ao mar (2003). Ediciós do Castro. 97 páxs. ISBN 84-8485-136-2.[7]
- Xanela aberta (2009). Sada: Ediciós do Castro. 93 páxs. ISBN 978-84-8485-286-5.[8]
- Memória de pés sem sombra (2017). Fundación Eira. Desenhos de Celsa Sánchez Vázquez.[9]
- Matria. Poesía para a Terra (2022). A Coruña: Medulia. 80 páxs. ISBN 978-84-125532-3-9.
- Obras colectivas de poesía
- Xistral (desde 2004)
- Poesias Escolhidas. Vozes De Um Alma (vol I) e O Melhor de Mim (vol. 2) (2014) Brasil.
- Abraço Poetico, Cabo Verde-Galiza, 2015
- Sementes da Lingua, Angola-Galiza, 2016
- Literarte, Lugo, 2015
- Mesturas, Lugo 2015
- Elas São de Marte Coletánea Galaico Brasileira de poesia erótica femenina (Poesias Escolhidas).
- Abraço Poético. Coletánea Luso Galaica de Poesia.
- Poetas da Raia. Coletánea de poesia Hispano Lusa
- Homenagem a Rosalia. 150 Cantares para Rosalia. Obra colectiva en edición dixital.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Madeira de mulher (2011). Sada: Ediciós do Castro. 209 páxs. ISBN 978-8484853053.[10]
- Atlantidae: Mulher D'Água (2017). Relatos e poesía. Fundación Eira. 180 páxs. ISBN 978-84-697-9180-6. Ilustracións de Mª Celsa Sánchez.
- As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (2021). Santiago: Laiovento. 188 páxs. ISBN 978-84-8487-534-5.[11]
- A quadratura do círculo. Histórias de Lugo que podiam ter acontecido noutro lugar qualquer (2023). A Coruña: Medulia. 232 páxs. ISBN 978-84-19438-43-0.[12]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Loita contra o lume, Xunta de Galicia.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O Rei da Floresta (2011). Sada: Ediciós do Castro. Ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez. Prólogo de Anxo Moure. O Apalpador é a figura principal desta colectánea de historias que o Tío Nicandro vai relatando a Martiño, un meniño das montañas do Courel.
- O mistério da escada interior (2012) Sada: Ediciós do Castro. Teatro Infanto-Juvenil. 78 páxs. ISBN 978-84-8485-308-4.
- Cloe a Amiguinha das Flores. Conto Cantado. (2017). Texto da autora. Música de Xaquin Facal. Deseños de Celsa Sánchez. Edición dos autores.[13]
Outras obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Comentários ao novo acordo ortográfico, 1986, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
- Carvalho Calero 1910-2010: imaxe de cen anos, 2010, Concello de Ferrol.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[14]
- Homenaxe a Manuel María. 2017. Deputación de Lugo.
- "Rosalia poeta Ambientalista". Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa (2019).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de teatro Infantil "O Facho" 2018 coa obra Pingas (o ciclo da auga para rapaces)[15]
- Prémio de Poesia 2019 Rosa de Cem Folhas. Santiago.
- Prémio de Poesia Letras Galegas 2020, El Progreso de Lugo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adela Clorinda Figueroa Panisse Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ "Adela Figueroa". www.aelg.gal. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Edicións Laiovento - Adela Figueroa Panisse". laiovento.gal. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Edicións Laiovento - AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA". laiovento.gal. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Adela Figueroa Panisse, nova presidenta de ADEGA". adega.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Vento de amor ao mar Ediciós do Castro LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "Xanela aberta Ediciós do Castro LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-11.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Lugo: lanzamento de Memória de Pés Sem Sombra, de Adela Figueroa Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-07-11.
- ↑ "As “mulleres-árbore” protagonizan o novo libro de Adela Figueroa". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2011-08-22. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ Maseda, Pilar (outubro, novembro, decembro, 2021). "As nosas na terra silenciada". Grial LIX (232): 96–97. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A quadratura do círculo". meduliaeditorial. Consultado o 04 de xuño de 2023.
- ↑ "Cloe Amiguinha Das Flores". calameo.com. Consultado o 2021-07-11.
- ↑ Libro electrónico
- ↑ "Adela Figueroa gaña o Concurso de Teatro Infantil da A. C. O Facho Erregueté". Consultado o 2021-07-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adela Figueroa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Figueroa Panisse, Adela". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 101.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 220. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 577. ISBN 84-7492-465-0.