Irmandades da Fala de Galiza e Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As Irmandades da Fala de Galiza e Portugal (IFG-P) é unha asociación impulsora do reintegracionismo xunto con outras como a Associaçom Galega da Língua (AGAL), o Movimento Defesa da Língua (MDL) ou a Associaçao de Amizade Galiza Portugal (AAG-P).

Historia[editar | editar a fonte]

Foron creadas na Seca (Pontevedra) en 1982 e en Braga en 1991. Foi legalizada no Estado español o 20 de xullo de 1983 e no portugués o 8 de agosto de 1991. Os seus primeiros presidentes foron José Luis Fontenla (Galiza) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galiza), Cristina Mello (Brasil) e J.L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galiza, no Brasil, nos PALOP (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor etc. Esta asociación organiza congresos sobre literatura, lingua e cultura dos pobos lusófonos.[1]

Defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utretch, Hamburgo ou Quioto.

Como as súas finalidades non son lucrativas, a asociación recibe subsidios do Ministerio de Educación e do Ministerio de Asuntos Exteriores de España, do Instituto Camões e da Fundaçao Calouste Gulbenkian de Lisboa.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Baixo o nome de Irmandades da Fala de Galiza e Portugal edita as revistas de carácter técnico-científico Nós, Cadernos do Povo e Temas do Ensino de Lingüística, Sociolingüística e Literatura, dirixida por José Luís Fontenla. Á parte dos estudos lingüísticos e literarios, estas revistas conteñen a creación literaria (poesía, narrativa, ensaio, teatro) de autores lusófonos mesmo versionada en hebreo, ruso, xaponés ou inglés.

Entre as súas publicacións están:

  • Prontuário ortográfico da língua galego-portuguesa por Irmandades da Fala (1984).[3]
  • Lingüística e sócio-lingüística galaico-portuguesa: reintegracionismo e conflito lingüístico na Galiza (1985).[4]
  • Lingüística, sócio-lingüística e literatura galaico-luso-brasileira-africana de expressão portuguesa (1986).
  • Revista Nós: revista internacional galaico-portuguesa de cultura: revista da Lusofonio (1986).[5]
  • Cadernos do Povo: revista internacional de lusofonía (1987)
  • Poesía angolana de amor dos anos 80 breve antología (1991)
  • Atas do Congreso Internacional de Literaturas Lusófonas em homenagem aos professores Rodrigues Lapa, Celso Cunha e Carvalho Calero (1991).
  • Coro dos poetas e prosadores de São Tomé e Príncipe: antologia (1992).
  • Atas do II Congreso Internacional de Literaturas Lusófonas Facultade de Ciencias Económicas, 23-25 setembro 1993 (1994).
  • Ensaios garrettianos: Américo António Lindeza Diogo, Sérgio Paulo Guimarães de Sousa (2001).
  • Fenomenologismos do par: Sidónio Barreto (2002)
  • Auto da feira (2003)
  • Tempo terra (antologia poética) (2010)
  • A ansiedade da influência (antologia poética visual, etc.) (2010)
  • Dez regras simples para a aplicaçao do acordo ortográfico (2016)
  • O caso mental português (aplicado à Galiza) (2017).

Membros[editar | editar a fonte]

Algúns dos membros das IFG-P son: Carlos Durán, Ângelo Cristóvão, António Gil Hernández, José Martinho Montero Santalha (quen participou tamén na fundación das IFG-P) e José Luís Fontenla Rodrigues (fundador e primeiro presidente das IFG-P e presidente tamén da Associaçao Amizada Galiza-Portugal e da Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa).

Principais coautores[editar | editar a fonte]

  • Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.
  • Círculos Republicanos Lusófonos
  • União Nacional dos Escritores e Artistas de São Tomé e Príncipe.
  • Fundação Europeia Viqueira Instituto Internacional da Lusofonía.
  • Congresso Internacional: A língua portuguesa no mundo, terceira língua de comunicação internacional, 200 milhões de lusófonos.
  • Congresso Internacional sobre a Língua Portuguesa no Mundo.
  • Comissão para a Integração da Língua da Galiza no Acordo Ortográfico Luso-Brasileiro.
  • Barreto, Sidónio.

Principais editores[editar | editar a fonte]

  • Círculos Republicanos Lusófonos.
  • Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.[6]
  • Fundação Europeia Viqueira- Inst. Internacional da Lusofonia.
  • Comissão para Integração da Língua da Galiza no Acordo Ortográfico Luso-Brasileiro.
  • O ensino.
  • Faculdade de ciências económicas da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Campus de Gualtar-Complexo pedagógico da Universidade do Minho.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal (Tomo II). [cómpre nº de páxina]
  2. Gran Enciclopedia Galega. [cómpre nº de páxina]
  3. "Bibliotecas Municipais do Porto". bibliotecas.cm-porto.pt. Consultado o 2017-04-24. 
  4. "Results for 'au:Irmandades da Fala (Pontevedra, Spain)' [WorldCat.org]". www.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2017-04-24. 
  5. Sistema Regional de Información en Línea para Revistas Científicas de América Latina, el Caribe (1997-02-17). "Latindex". Bases de datos de revistas nacionales. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24. 
  6. "Irmandades da Fala de Galiza e Portugal". Consultado o 17-4-2017.