Xeografía de Alemaña
Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, forestadas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Reno, o Danubio e o Elba.
A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste coa Polonia e a República Checa, ao sur coa Austria e a Suíza e ao oeste coa Francia, o Luxemburgo, a Bélxica e os Países Baixos.
O clima é ás veces imprevisíbel. No cumio do verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuviñento. Porén, as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de saraiba, frío ou calor extremo etc., son extremadamente raras. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos.
Datos xerais
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización - Europa central, nas marxes do mar do Norte e do mar Báltico, entre os Países Baixos e a Polonia, ao sur da Dinamarca
Coordenadas xeográficas - 51º 00' N, 9º 00' E
Referencias de mapa - Europa
Área
Área - comparativa
- Comparación coa Angola: máis de vez e media o tamaño do Moxico
- Comparación co Brasil: moi lixeiramente menor que o Mato Grosso do Sul
- Comparación co Cabo Verde: case 90 veces maior que Cabo Verde
- Comparación coa Guinea-Bissau: case 10 veces maior que Guinea-Bissau
- Comparación co Mozambique: maior que a suma das tres maiores provincias: Niasa, Zambezia e Tete
- Comparación co Portugal: case 4 veces maior que Portugal
- Comparación co San Tomé e Príncipe: case 360 veces maior que San Tomé e Príncipe
- Comparación co Timor Leste: case 24 veces maior que Timor Leste
Fronteiras terrestres
- total - 3 621 km
- países fronteirizos
- Austria - 784 km
- República Checa - 646 km
- Países Baixos - 577 km
- Polonia - 456 km
- Francia - 451 km
- Suíza - 334 km
- Bélxica - 167 km
- Luxemburgo - 138 km
- Dinamarca - 68 km
Costa - 2 389 km
Reivindicacións marítimas
- plataforma continental - ata a profundidade de 200 m, ou ata a profundidade de exploración
- zona económica exclusiva - 200 millas náuticas
- augas territoriais - 12 millas náuticas
Clima - temperado e marítimo; invernos e veráns frescos, neboentos e húmidos; ocasional vento foehn, morno
Terreo - terras baixas ao norte, terras altas no centro, Alpes Bávaros no sur
Extremos de elevación
Recursos naturais - ferro, carbón, potasio, madeira, lignito, uranio, cobre, gas natural, sal, níquel e terra arábel.
Uso da terra
- terra arábel - 33%
- cultivo permanente - 1%
- pastos permanentes - 15%
- forestas - 31%
- outros - 20% (estimativa de 1993)
Terra irrigada - 4 750 km² (est. 1993)
Perigos naturais - inundacións
Ambiente - problemas actuais - as emisións de industrias e instalacións movidas a carbón contribuen á polución do aire; a choiva ácida, proveniente das emisións de dióxido de xofre, está a afectar as forestas; polución do mar Báltico proveniente de esgotos libres e afluentes industriais nos ríos da Alemaña oriental; eliminación dos residuos perigosos; o goberno anunciou a intención de renunciar a produción de electricidade por vía nuclear; o goberno procura identificar áreas de preservación natural a fin de cumprir a directiva da UE sobre fauna, flora e hábitat.
Ambiente - acordos internacionais
- é parte de - Polución do Aire, Polución do Aire - Óxidos de Azoto, Polución do Aire - Xofre 85, Polución do Aire - Xofre 94, Polución do Aire - Compostos Orgánicos Volátiles, Antártida - Protocolo Ambiental, Tratado da Antártida, Biodiversidade, Mudanzas Climáticas, Desertificación, Especies Ameazadas, Modificación Ambiental, Resíduos Perigosos, Lei do Mar, Despexos Marítimos, Banimento de Ensaios Nucleares, Protección da Camada de Ozono, Polución Provocada por Navíos, Madeiras Tropicais 83, Madeiras Tropicais 94, Zonas Húmidas, Caza á Balea
- asinou mais non ratificou - Polución do Aire - Poluentes Orgánicos Persistentes, Mudanzas Climáticas - Protocolo de Kioto
Xeografía - nota - Sitúase nunha localización estratéxica na Planicie da Europa Setentrional e ao longo da entrada para o mar Báltico